Skip to Content

Dirección

BOAS FESTAS!

Desde o IES Chano Piñeiro de Forcarei queremos desexarlle unhas boas festas a toda a Comunidade Educativa do centro e aproveitamos para agradecer a colaboración e o bo facer de todas e de todos, familias, alumnado e persoal do centro, á hora de afrontar esta situación tan difícil que nos tocou vivir.

Agora toca celebrar o Nadal dun xeito diferente. Sabemos que teremos que renunciar a moitas cousas, pero pensemos que o máis importante é poder iniciar o segundo trimestre con todo o ánimo, toda a forza e, por suposto, tod@s xunt@s.

Para deixar atrás este fatídico 2020, hoxe repartimos entre todo o alumnado o calendario do 2021 elaborado polo Equipo da Biblioteca e o EDLG. Agardamos que vos guste!

 

PREME NA IMAXE PARA VELO

INFORMACIÓN FIN DO TRIMESTRE

Segundo o establecido na orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021, mañá martes 22 de decembro será o último día lectivo do primeiro trimestre.

Informamos que haberá horario normal (mañá e tarde) co servizo habitual de comedor e de transporte.

Os boletíns de cualificacións seránlle entregados ao alumnado ao longo da mañá. Ademais, ditas cualificacións serán publicadas a través de ABALAR MÓBIL en torno ás 15:00 horas. 

Lembrar que as clases reanudaranse o vindeiro venres 8 de xaneiro.

 

Se durante o Nadal houbera calquera novidade debido ás circustancias particulares que estamos a vivir pola pandemia da COVID19, seralles notificada tanto a través desta páxina web como da aplicación ABALAR MÓBIL.

 

Plan de continxencia actualizado con horarios espello

En aplicación da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19, publícase a actualización do Plan de Continxencia no que se inclúen os horarios espello que se seguirían no caso de peche dunha aula ou do centro educativo.

a)  PLAN DE CONTINXENCIA (Actualización do 9 de Novembro)

b)  HORARIOS ESPELLO

 

Lembrade que podedes acceder a toda a documentación relativa á adaptación á situación COVID premendo no acceso situado na barra lateral dereita da páxina web. 

Videoconferencia para familias: Educación a distancia

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra en colaboración co centro educativo e co obxectivo de mellorar o acompañento no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, ofrécelles a posibilidade ás familias de participar nunha videoconferencia, cunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas a súa disposición.

Data da Videoconferencia: Luns 30 de Novembro ás 19:30 a través de Cisco Webex.

 

 

Atoparedes máis información, vídeos e titoriais na aula virtual do CFR de Pontevedra premendo AQUÍ

DOCUMENTACIÓN COVID 19

DOCUMENTACIÓN DO IES CHANO PIÑEIRO RELATIVA

Á ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

 

Curso 2021-2022

Distribuir contido


by Dr. Radut