Skip to Content

Dirección

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria

 

CALENDARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

 

Entrega de notas, título e matrícula nas ABAU de 2º Bacharelato

Criterios de avaliación final de curso

Mudanzas nos criterios de avaliación e calendario de final de curso. Diante dos cambios que imos ter neste ano queremos informar en resume de cales son aqueles aspectos máis relevantes que se modifican e lembrar as datas relacionadas.

 

CALENDARIO FIN DE CURSO 2020/2021

 

VENRES 17 DE XUÑO 

Devolución dos libros de texto do Fondo Solidario (Alumnado de 1º e 4º ESO).

 

LUNS 21 DE XUÑO

Devolución dos libros de texto do Fondo Solidario (Alumnado de 2º e 3º ESO).

 

MARTES 22 DE XUÑO

Remate do prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de Libros de texto para o curso 2021/2022.

Remate da actividade lectiva que se desenvolverá con horario normal (incluíndo transporte e comedor).

 

MÉRCORES 23 DE XUÑO

Avaliacións.

 

VENRES 25 DE XUÑO

Entrega dos boletíns de cualificacións

10:00 - 11:30 horas     1º ESO, 2º ESO e 3º ESO

11:30 - 13:00 horas     4º ESO - 1º Bacharelato

 

LUNS 28 e MARTES 29 DE XUÑO

Reclamacións ás cualificacións na ESO e en 1º Bacharelato.

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022 - SOLICITUDE

Desde o 1 e ata o 22 de marzo está aberto o período de solicitude de admisión no noso centro de cara o curso 2021/2022. Esta convocatoria unicamente vai dirixida ao alumnado que desexe ser admitido no noso centro de cara o vindeiro curso (non se inclúe o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos que reservaron praza e que xa están admitidos).

As prazas vacantes ofertadas de cara o vindeiro curso 21/22, que están publicadas no taboleiro informativo do centro, son as seguintes:

  • 1º ESO: 11 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou)
  • 2º ESO: 15 prazas
  • 3º ESO: 10 prazas
  • 4º ESO: 12 prazas
  • 1º Bacharelato: 9 prazas
  • 2º Bacharelato: 10 prazas

 

As solicitudes de admisión realizaranse usando o modelo ED550B (ver) que poderán cumprimentado tanto de forma manual como a través da aplicación admisionalumnado. No caso de que opte por empregar dita aplicación, hai que ter en conta que cando se confirme a solicitude xerarase un informe en formato pdf.  

Hai dúas alternativas para presentar a solicitude:

A) Presentar o formulario debidamente cumprimentado de forma presencial no centro

B) A través da Sede Electrónica da Xunta

 

INFORMACIÓN ADICIONAL

a) O alumnado que está matriculado neste curso no IES ten garantida a súa praza no centro de cara ao vindeiro curso tanto para a ESO como para o bacharelato.

b) O alumnado que ten garantía de permanencia no noso centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo.

Distribuir contido


by Dr. Radut