IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Conmemoración 50 Aniversario.

Grazas de parte do centro polo detalle que tiveron connosco o antigo alumnado

O día 30 de Abril o IES de Catabois celebrou a conmemoración do seu 50 Aniversario, o evento estivo aberto a todos os que quixeron asistir, antigo alumnado, profesorado, persoal non docente etc.

  

 Enlace a mais imaxes no blog

ROTEIROS CAL "Roteiros científicos, artísticos e literarios"

O alumnado de 3º e 4º da ESO, participou durante a semana do 21 ao 27 de abril nestes roteiros promovidos polo Ministerio de Educación, completando o roteiro 5: Estremadura e Andalucía Occidental. Visitando Mérida, as minas de Riotinto, Sevilla, Cadiz, Moguer, Doñana, entre outros lugares.

50º ANIVERSARIO O PRÓXIMO MARTES 30 DE ABRIL 2024

30 abril 2024

17:00 h

Toda a comunidade educativa está convidada

AS IMAXES DO PATRIMONIO

AS IMAXES DO PATRIMONIO

7º CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

Dúas categorías:

Na 2ª Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos as fotografías serán en datas anteriores a 1970. Acompañarase dun texto libre que terá unha extensión máxima de 250 palabras. As fotografías terán que ser  propiedade da súa familia

PODCAST: Tamén se pode participar no Certame enviando un podcast que faga referencia a unha das imaxes  Duración máxima de 5 minutos.

Os gañadores poden facerse cun premio.

O prazo de presentación  rematará o 23 de xuño de 2024.

Enlace as bases do concurso

PUBLICACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

Todo o alumnado que solicitou praza neste IES no proceso de admisión, en prazo, foi admitido.

Poden consultar as listaxes no taboleiro do centro.

Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Pódese interpoñer recurso de reposición ata o día 22 de abril de 2024.

O documento do recurso, así como a documentación terá que presentarse do seguintes xeitos:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN

  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)

Xeito telemático:

Destinatario:

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS. SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO

Bolsas de Estudos

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

NON E VALIDA A PRESENTACION A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO.

RESOLUCION DEFINITIVA CONVOCATORIA XERAL DE BOLSAS DE ESTUDO 23/24

Impreso recurso reposicion 

Becas estudos post-obrigatorios 24-25

O 19 de marzo publicouse a convocatoria de becas do MEC para estudios post-obrigatorios.

O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024.

No  enlace  está a  información e acceso para facer a solicitude en liña.

 

 
INSTRUCCIÓNS PARA SOLICITAR BECA:
 
INFORMACION BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 CONVOCATORIA XERAL

 

Para calquera información no seguinte enlace:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

 

 

 

 

SEMANA DE EXAMES DE PENDENTES 1º BACH

 

SEMANA DE EXAMES FINÁIS 2º BACH

 

INFORMACIÓN. PROBA DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/24

QUE É? É unha proba para avaliar as competencias en matemáticas e comunicación lingüística (lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa)

A QUEN VAI DIRIXIDO? A todos os centros educativos que impartan o cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

CAL É O PROCEDEMENTO: Os centros recibirán da Administración uns cadernos en formato papel para o alumnado. Tamén haberá uns cuestionarios de contexto dirixidos ás persoas titoras, á dirección do centro, o alumnado e familias.

IMPORTANTE!!

- O alumnado exento de lingua galega estará exento de realizar a proba de competencia en lingua galega.

- Haberá adaptación de tempo, formato, axuda técnica para o alumnado que o precise.

QUEN CORRIXE? O profesorado do centro que non imparte docencia neses cursos e sexa especialista nesas materias. Haberá posteriormente unha segunda corrección por parte da Administración.

CANDO VAI SER? O mércores 10 e xoves 11 de abril de 2024 será a realización da proba. O 22 de abril acaba a corrección e a gravación de datos.

QUEN COORDINA AS PROBAS? Haberá unha comisión de coordinación do centro e outra comisión de coordinación territorial (Administración).

CAL É O FIN? Ao finalizar as correccións cada centro terá unha puntuación global expresada en niveis (NON hai puntuación individual). Esta información será para o centro e Administración e non se fan públicas. Elaborarase un informe a análise da situación co obxectivo de valorar medidas orientadas a mellorar os resultados académicos, a calidade e equidade do ensino.

NORMATIVA:

·     - ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

·     -RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

Proceso de Admisión de alumnado

Prazo para solicitar:

Do 01/03/2024 ao 20/03/2024 (ambos os dous incluídos)

1.  A solicitude (ED550B) debidamente cumprimentada e asinada e a documentación complementaria pode presentarse dunha das seguintes maneiras:

· Poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

ou

· Vía electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para esta opción poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365

2. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude ED550B, a seguinte documentación complementaria

· Copia do libro de familia

· Copia dos DNIs

·  Certificado de matrícula

· Certificado de empadroamento colectivo

·  No caso de separación, copia da sentenza

·  Ademais, para solicitudes de BACHARELATO: Certificación académica da nota media do último curso finalizado

3. Publicación das listaxes provisionais: 25/04/202

4. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles (dende o seguinte á publicación das listaxes provisionais)

5. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15/05/2024

Normativa relacionada:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

FORMULARIO ED550B castelán

FORMULARIO ED550B galego

INFORMACIÓN ADMISIÓN

TODO O ALUMNADO SOLICITANTE NO PRAZO DE RESERVA FOI ADMITIDO

 

O 22 de febreiro publicarase no taboleiro do edificio de administración do centro o alumnado admitido en reserva

APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/25 PARA CENTROS ADSCRITOS

CURSO 2024-25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Luns 29 de xaneiro

18:00 horas

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA dos nosos centros adscritos: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de  PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.

PRAZO: 15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual  empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo. 

Formulario RESERVA GALEGO

Formulario RESERVA CASTELÁ

 

TITORES E HORARIO DE TITORÍAS

CURSO 2023-24

TITORES POR GRUPOS E HORAS DE TITORÍA

ESO

1º ESO A

García García, Rosa María - Lúns 10:40 - 11:30

1º ESO B

Derungs Criado, Marta -  Martes 10:20 - 11:50

2º ESO A

Teijido Canedo, Manuel  - Xoves 10:20 - 11:10

2º ESO B

Río Reboredo, María del Carmen -  Martes 11:25 - 12:15

3º ESO A

Escariz Quintás, Jesús - Martes 10:20 - 11:50

3º ESO B-PDC

Armada Castro, María Elisa - Lúns  11:30 - 12:20

4º ESO A

Martín Suárez, Noemí  - Mércores 12:45 - 13:35

4º ESOB-PDC

Patiño Castro, Irene - Martes 11:25 - 12:15

BACHARELATO

1º BACH

Gómez Cheda, María Teresa - Mércores 9:30 - 10:20

2º BACH

Ferreiro Rozas, Antonio José - Venres  11:30 - 12:20

CURSO FORMATIVOS BÁSICOS

PFB ALMACEN

Leira Martínez, María Mercedes - Martes 12:15 - 13:05

PFB INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Martínez Gómez, María Mercedes - Martes 9:30 - 10:20

HORARIOS CURSO 2023-24

HORARIOS CURSO 2023-24

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-24

O CENTRO ESCOLAR COLLE DE DÍAS NON LECTIVOS

13 DE OUTUBRO 2023

19 DE MARZO 2024

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

FONDO LIBROS: PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS 21/07/23

Infórmase que con data 21/07/2023 publicaranse as listaxes definitivas do VALE MATERIAL, que estarán a disposición da comunidade educativa no taboleiro informativo da secretaría do centro.

 

Infórmase que con data 12/07/2023 publicaranse as listaxes provisorias do VALE MATERIAL.

O prazo de reclamacións remata o 20/07/2023

MATRÍCULA CURSO 2023- 2024

MATRÍCULA CURSO 2023-24

Datas para formalizar a matrícula:

Días 3 e 4 de xullo 1º de BAC, 2º de BAC e 4º de ESO.

Diás 5, 6 e 7 de xullo 1º, 2º e 3º de ESO.

Rogase acudir nas  datas sinaladas.

Impresos de Matrícula:

                 - ESO    - 1º BAC    - 2º BAC

 Documentación que deben xuntar ao impreso de matrícula:

- 2 Fotos tipo carné.

- Fotocopia DNI.

- Fotocopia Tarxeta Sanitaria.

 - Correo electrónico en vigor para comunicacións oficiais.

 Xustificante de ingreso en ABANCA (IBAN: ES 56-2080-0212-04-3040005030) de 1,12 euros  do SEGURO ESCOLAR. (Só para o alumnado de 3º, 4º  ESO e de 1º, 2º de BAC).

 Certificación académica ESO. (Só para o alumnado que inicia os estudos de 1º BAC).

 Todo o alumnado debe adxuntar  os seguintes documentos:

   - Ficha alumnado.

   - Impreso de autorizacións varias.

   - Impreso de adhesión ANPA (voluntario).

 Alumnado de BACHARELATO e PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS:

- Procedemento  saídas do Centro alumnado menor de idade.

                             
                     ACTIVIDADES QUE PODEN SER SOLICITADAS
  • ESO e 1°  Bacharelato: EDU-EXCHANGES.
  • ESO e Bacharelato: RUTAS CIENTÍFICAS, ARTÍSTICAS E LITERARIAS. 
                            Máis información neste documento:  Info_EDU.EXCHANGES_ RUTAL CAL_doc
 
Documento para a a participación  en EDU- EXCHANGES e RUTAS CIENTÍFICAS ARTÍSTICAS E LITERARIAS:

                            AUTORIZACIÓN PARA A PARTICIPACIÓN EN DÚAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO CURSO  2023-24

 

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  CURSO 2023-24.

 

 - Relación libros de texto ESO.

 - Relación Material escolar alumnado ESO.

Materiales  de Educación Plástica ESO.

- Relación Libros de Texto 1º e 2º de  Bacharelato.

   AVISO IMPORTANTE:

O ISBN do libro lingua castelá de 1º de Bach ten un erro, o Nº correcto é:

GENiOX PRO Lengua Castellana y Literatura
9780190545758
 

                                                                             Petición doazón libros de texto.

 

                       

DIGITALWEEK

Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24

  • O prazo para presentar solicitudes será desde o 25 de maio ao 25 de xuño, incluídos.

 

Resolución do 22 de maio de 2023Esquema do proxecto

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer