Actividades 2023/2024

Escribir con arte dende a cultura clásica

O alumnado de 4º da ESO das materias de Latín  e Cultura Clásica sumouse ao proxecto da Biblioteca Ramiro Fonte "Escribir con arte". Estudiaran fitos da historia de Roma e contáronos a través de cadros dos ss. XVII a XIX e agora, logo de estudiaren a familia romana, escribiron para acompañar as imaxes de lenzos do século XIX. Sen dúbida, toda unha actualización que permite conectar épocas a través de visións mozas.  

Álbum: Curso 2023/2024 -> Escribir con arte (alumnado de latín)

Visita do alumnado de centros adscritos

O luns 3 de xuño foi un día memorable! O alumnado dos centros adscritos, que cursará 1º da ESO o vindeiro curso, visitou por primeira vez o seu futuro IES. 

Todo estaba aquelado para que fose unha xornada na que non faltou de nada. Tan pronto entraron nas instalacións, foron recibidos polo alumnado de 1º de Bacharelato, quen os agasallou cun baile e material didáctico. A seguir, dirixíronse ata o salón de actos; lugar onde o Equipo Directivo lles deu a benvida e lles explicou as normas do centro e os proxectos que se levan a cabo. Ademais animounos a coller folgos durante o verán para comezar con ansia. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita de Centros adscritos

Club de lecturas de adultos: Amor de tango, de María Xosé Queizán

O club de lectura de adultos reuniuse por penúltima vez este curso para comentar a novela ‘Amor de tango’ de María Xosé Queizán.
Durante o encontro salientaron a virtuosidade da autora para fiar tantos temas, dar tantas (e pequenas) doses de historia, mesturada con moito lirismo, paixón e entrega.
A obra non deuxou indiferente a ninguén, dado que cadaquén atopou aspectos nos que reparar: a dureza da guerra, o deporte feminino, a vida nas fábricas, a maternidade, a protección familiar, o amor e, por suposto, o baile.
Con esta novela péchase o ciclo de encontros de adultos. Unha actividade que contou con boa parte do profesorado e que agardamos que medre no vindeiro curso.

Probas ESTALMAT

 

  

O pasado sábado leváronse a cabo no noso centro as Probas de Estimulación do Talento Matemático (ESTALMAT).


Nesta quedara fíxose a primera fase da clasificación con 40 alumnos da zona de Vigo e Pontevedra. Presentáronse en total en toda Galicia 180, dos que serán clasificados 25. Do noso Centro tivemos un representante, Dylan de 1º ESO C.
Moita forza e vémonos na seguinte etapa!

 

 

Formación automobilística

Hai un par de semanas, contamos coa visita da asociación ATRA de Vigo. Os seus dirixentes achegáronse ao noso Centro para nos falar das saídas profesionais que pode atopar o noso alumnado dentro do sector automobilístico.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Formación de Atra

O xogo de Escher polo Día escolar das matemáticas

Co gallo do Día Escolar das matemáticas (12 de maio), o Departamento de matemáticas propúxenos facer un xogo de escape, baseado no libro de Escher.
Profesorado e alumnado traballaron en equipo para resolver o enigma e decubrir que se agochaba no cofre.

Álbum: Curso 2023/2024 -> O xogo de Escher

Visita aos Museos Científicos da Coruña

3º da ESO visitou os Museos Científicos Coruñeses, programa que comprende tres museos de ciencia interactivos: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

Acompañados polo profesorado de Bioloxía e Física e Química aproveitaron un luns no que ata lle deu tempo de visitar a Torre de Hércules.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita museos científicos Coruña

Humor Amarillo para 1º de Bacharelato

O alumnado de 1º de Bacharelato desfrutou dunha xornada de actividade desportiva nas instalacións do circuíto ‘Humor Amarillo’ de Valadares.

Foron moitas as risas e non houbo ningunha lesión, alén dalgunha caída ben cómica!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Humor Amarillo 1 bach

Visita a Santiago do alumnado de 3º PDC

O pasado luns 27 de maio o alumnado de 3° PDC fixo unha visita a Santiago de Compostela. En primeiro lugar foron ao Observatorio Ramón María Aller onde puideron descubrir os misterios do universo e a historia do observatorio e os seus telescopios. Ademais o astrónomo José Ángel Docobo especialista en estrelas dobres, ensinoulles como observar a imaxe do sol de día.
Xa pola tarde, visitaron o Pórtico da Gloria na catedral e xa de paso aproveitaron para darlle unha aperta ao apóstolo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita a Santiago 3º PDC

Charla do programa EduEmprende

Na charla de “Finanzas para mortais”, dentro do programa Eduemprende, explicóuselle ao alumnado o funcionamento das contas bancarias, tarxetas e outros servizos bancarios , así como os perigros e riscos dos distintos produtos financeiros.

Distribuir contido