Actividades 2017/2018

Caderno de bitácora

     Nesta sección imos percorrendo o itinerario do Nautilus e marcámolo no mapamundi que temos no vestíbulo.  Na vitrina expoñemos obxectos e elementos referidos ao lugar correspondente.  A viaxe submarina iníciase o 8 de novembro a 300 millas do Xapón.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Caderno de bitácora

Excursión a Madrid de 4ºESO

Aquí vos deixamos algunhas fotos  da viaxe a Madrid que realizaron alumnos e alumnas de 4ºESO do 18 ao 22 de marzo.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Excursión 4ºESO

Curso de mediación escolar

     Durante varias xornadas alumnos e profes do noso centro participaron nun curso de mediación escolar orientado á creación do grupo de  mediación do IES Castelao. Aquí podes ver algunhas imaxes do mesmo:

Álbum: Curso 2017/2018 -> Curso de mediación

Encontro con Ledicia Costas

O 6 de abril Ledicia Costas veu ao noso centro a  falar cos alumnos de 3º da ESO da súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta,  novela que recibiu o Premio Lazarillo á Creación Literaria no ano 2015.

Ledicia contounos  que a orixe da novela partiu do seu interese por Jules Verne e a súa chegada a Vigo, así como polo “submarino” de Sanjujo Badía, temas que se reflicten  na novela. Falounos tamén  de todo o  traballo de documentación que fixo  para escribir a obra e de como o mesturou coa fantasía das mulleres planta.

 Podes ver as imaxes da charla picando na imaxe.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Ledicia Costas e Jules Verne

Día Internacional do Teatro 2018

         

          O 27 de marzo celébrase esta festa, a dunha das artes máis antigas e que sobrevive ao empuxe do cine, da televisión e doutros medios existentes na actualidade. Fanse en todo o mundo representacións conmemorativas desta data.

HORA DE LER - Jules VERNE: "A conquista do Polo Sur" ("Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulos XIII-XIV, 2ª parte)

A conquista do Polo Sur

(21 de marzo de 1868)

      O Nautilus retomara a súa imperturbable dirección cara ao sur. Quería chegar ata o Polo? Non o cría, xa que ata entón todas as tentativas de alcanzar ese punto do globo fracasaran.

      O 14 de marzo albisquei xeos flotantes, simples restos pálidos de vinte a vinte e cinco pés, formando escollos sobre os que batía o mar. O Nautilus mantíñase na superficie do océano. Ned Land, que pescara nos mares antárticos, estaba familiarizado co espectáculo daqueles icebergs. Conseil e mais eu admirabámolos por primeira vez.

A señorita Bubble

                                       A señorita Bubble  

 Ledicia Costas

 

A señorita Bubble chegara á vila 15 anos atrás e dende o primeiro momento os veciños non a quixeron. Dixeron que ocupara unha mansión que non era súa, o que era falso; que ía vestida de xeito raro, que era estranxeira, que tiña un singular xeito de vivir, que  inventaba cousas raras…, ata chegaron a dicir que secuestraba nenos e que era meiga. Pero no interior da mansión da señorita Bubble sucedían cousas marabillosas…

HORA DE LER - Jules VERNE: "Un continente desaparecido: a Atlántida" ("Vinte mil leguas baixo dos mares, cap. IX, 2ª parte)

Un continente desaparecido: a Atlántida

 (19 de febreiro de 1868)

                   

                A mañá do 19 de febreiro vin entrar o canadense no meu cuarto.

         - Pois ben, Ned, onte o azar púxose na nosa contra.

         - Púxose! Ese condenado capitán tivo que parar xusto á hora en que iamos fuxir do seu barco.

         - Si, Ned, tiña que amañar co seu banqueiro.

         - O seu banqueiro?

         - Ou máis ben o seu banco. Refírome a este océano, onde as súas riquezas están máis seguras do que o estarían nos cofres dun estado.

         Conteille entón ao canadense os incidentes da véspera, coa secreta esperanza de convencelo de non abandonar de ningún xeito o capitán. Mais o meu relato non tivo outro resultado que o lamento enérxico de Ned por non ter podido dar pola súa conta un paseo sobre o campo de batalla de Vigo.

         - En fin –dixo-, non está todo perdido! Noutra ocasión conseguirémolo.

         - Cal é a dirección do Nautilus? –preguntei.

Distribuir contido