Novas

Recollida libros de texto para banco da ANPA

A ANPA do centro recollerá un ano máis todos os libros daqueles que queiran doalos ó seu banco para repartir entre o alumnado do vindeiro curso.

Os interesados poden entregalos na biblioteca do centro polas mañás dende o martes 28 ata o venres 1

Grazas pola vosa colaboración

 

A ANPA do IES Carlos Casares

Cambio libro de texto de Inglés en 1º ou 3º ESO para o vindeiro curso

Estimado Pai/Nai

Enviamos unha circular informativa a través do seu fillo/a para comunicarlles que o departamento de Inglés de cara o vindeiro curso vai cambiar o libro de texto de Inglés no nivel que cursa o seu fillo/a, 1º ou 3º ESO. Co gallo de garantir que o libro que vostedes compraron este curso sirva para outro alumno/a que curse o mesmo nivel o vindeiro curso, a editorial comprometeuse a cambiar o libro por outro do mesmo nivel sen custe algún.

Listaxes definitivas admitidos/excluídos curso 2016-17

Publicamos no documento adxunto as listaxes definitivas do alumnado admitido ou excluído no centro para o curso 2016-17.

Premio de Innovación en dinamización lingüística

Comunicamos a concesión do Premio de Innovación en dinamización lingüística ao Proxecto Galaxia Casares. Leriando no Casares. Curso 2015/16

Parabens a todos.

Saúdos

A Dirección

 

APLICACIÓN TokApp School

Estimadas nais e pais,

Ante os problemas que están a ter algunhas familias para a recepción vía móbil das comunicacións do centro, lembramos o uso da aplicación TokApp School:

Calendario Curso 2015-16

Mes

Axudas para a adquisición de material escolar

Comunicamos a publicación no DOG Núm. 166 do Martes 1 de setembro de 2015 da:

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

IMPORTANTE: Cambio libro de texto de INGLÉS en 1º Bacharelato

Comunicamos que cambia o libro de INGLÉS de 1º de bacharelato.

 Os novos libros son:

 - KEY to Bacharelato 1. Student´s book.Ben Wertz. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN9780194611053

 - KEY to Bacharelato 1. Workbook. Katrina Gormley. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN 9780194611121

 na relación de libros do curso xa están modificados.

Diego Mojón, a mellor nota da selectividade en Galicia.

Diego Mojón, alumno de 2ºE de bacharelato consegiu a máxima cualificación nas probas da selectividade de 2015 en Galicia.

Noraboa!

Cuestionario Fondo Social Europeo - Alumnado 3º e 4º ESO

O alumnado de 3º e 4º ESO, como participante na operación 10.1.1.2GAL4ESO16-17P-Novos Itinerarios de 3º e 4º ESO Curso 16-17, cofinanciada pola Unión europea a través do Fondo Social Europeo, debe responder a unha serie de preguntas de obrigado cumprimento. A finalidade é a de trasladar á Comisión Europea datos sobre a súa participación en cumprimento da normativa comunitaria aplicable.

Polo tanto, é obrigatorio cubrir o cuestionario do enderezo web:

Distribuir contido