Novas

Axudas libros de texto alumnado repetidor 4º ESO

Tagged:  

Comunicamos que o alumando repetidor de 4º ESO pode solicitar axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2016-17 se cumpre as bases da convocatoria*. O prazo remata o 30 de setembro

O Equipo directivo 

Recollida libros de texto para banco da ANPA

Tagged:  

A ANPA do centro recollerá un ano máis todos os libros daqueles que queiran doalos ó seu banco para repartir entre o alumnado do vindeiro curso.

Os interesados poden entregalos na biblioteca do centro polas mañás dende o martes 28 ata o venres 1

Grazas pola vosa colaboración

 

A ANPA do IES Carlos Casares

APLICACIÓN TokApp School

Tagged:  

Estimadas nais e pais,

Ante os problemas que están a ter algunhas familias para a recepción vía móbil das comunicacións do centro, lembramos o uso da aplicación TokApp School:

IMPORTANTE: Cambio libro de texto de INGLÉS en 1º Bacharelato

Tagged:  

Comunicamos que cambia o libro de INGLÉS de 1º de bacharelato.

 Os novos libros son:

 - KEY to Bacharelato 1. Student´s book.Ben Wertz. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN9780194611053

 - KEY to Bacharelato 1. Workbook. Katrina Gormley. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN 9780194611121

 na relación de libros do curso xa están modificados.

Diego Mojón, a mellor nota da selectividade en Galicia.

Tagged:  

Diego Mojón, alumno de 2ºE de bacharelato consegiu a máxima cualificación nas probas da selectividade de 2015 en Galicia.

Noraboa!

Proxecto de decreto ESO e Bacharelato

Tagged:  

Comunicamos a exposición pública do Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguro Escolar curso 2014-15

Tagged:  

Lembramos a nais/pais que se algún alumno/a de 3º e 4ºESO ou 1º e 2º Bacharelato sofre un accidente en horario escolar que requira asistencia sanitaria está cuberto polo seguro escolar nos centros hospitalarios da Seguridade Social, Concheiro ou O Castro. Indicar no momento da atención sanitaria que se trata de accidente escolar.

Os impresos necesarios poden retirarse na secretaría do instituto de 9:30 a 13:30 horas, antes ou despois da atención sanitaria.

Libro 4º ESO Lingua Castelá

Tagged:  

Comunicamos que o libro de 4º ESO da materia Lingua Castelá que figuraba como pendente para o curso 2014-15 será:

ADARVE-TRAMA. Lengua y Literatura. Ricardo Lobato, Ana Lahera. Ed. Oxford ISBN 9788467357776

Liñas de transporte e área de influencia do centro

Tagged:  

Aquí podedes ver as liñas de transporte concedidas pola Xunta ao noso centro

FOANPAS

Tagged:  

O día 27 de abril FOANPAS organiza no noso centro unha actividade que versará sobre o estrés e a ansiedade. Dita actividade está dirixida a toda a comunidade educativa. Terá lugar ás 18:00 h no auditorio do noso centro.

Animádevos a vir.

Teredes máis información na páxina web e nas redes sociais de FOANPAS.

Distribuir contido