Novas
Avisos de fin de curso 2018-19
Día 20 de xuño, xoves, e o último de clases.
O día 21 de xuño, venres, imos as Illas Cíes.
Axudas para Material Escolar e/ou Libros de Texto Cruz Vermella
Un ano máis Cruz Vermella continúa ofrecendo apoio a aquelas familias con nenos e nenas que teñan dificultades para adquirir o material escolar e inclusive os libros de texto e/ou cuadernillos.
A continuación adxuntamos a nota informativa que poden descargar no ficheiro adxunto.
As solicitudes para estas axudas presentaranse na Asamblea da Cruz Vermella de Vigo do 18 ao 28 de xuño.
Saúdos
O Director
Axudas e fondo solidario libros de texto para o curso 2019/20
Comunicamos a publicación da
ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019
Listaxes definitivas de alumnado admitido/non admitido para o curso 2019-20
Publicamos nos arquivos adxuntos as listaxes definitivas de alumnado admitido/non admitido para o curso 2019-20.
Prazo de reclamacións ata o día 13 de xuño.
Listaxe provisional de admisión de alumnado para o curso 2019-2020
Publicamos no arquivo adxunto a listaxe provisional de alumnado admitido/non admitido para o curso 2019-20.
Prazo de reclamacións ata o día 2 de maio.
Saúdos
O equipo directivo
Reunión trimestral coas nais, pais ou titores/as do alumnado.
Como ven sendo habitual ao remate de cada trimestre, convócolles a unha reunión para expoñerlles os resultados da segunda avaliación e a marcha do instituto en xeral.
Será o vindeiro luns 1 de abril ás 19:00 horas no auditorio.
Saúdos.
O Director.
Proceso de admisión do alumnado para o curso 2019-20
Comunicamos que o prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo.
Os centros adscritos ó Centro son: CEIP SANTA MARIÑA DA BECERREIRA, CEIP CHANS, CEIP CARBALLAL-CABRAL e CEIP IGREXA-CANDEAN
Información do proceso e solicitude electrónica: Proceso Admisión 2019-20
Área de influencia: mapa IES Carlos Casares
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Comunicamos a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21de febreiro e remata o día 20de marzo.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
Vigo en inglés. Programa municipal de inmersión en lingua inglesa 2019.
Comunicamos que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes no Programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés".
O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.
Poderan presentar solicitide dende o luns 21 de xaneiro ata ó venres 1 de febreiro.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - RESULTADOS
Comunicamos que unha vez recontados os votos das diferentes candidaturas ao CONSELLO ESCOLAR do Centro, resultan elixidos:
PAIS/NAIS: - Dona Ana Belén Quintana Luis
ALUMNADO: - Dona María Teijeira Pérez
- Dona Abril Costas Domínguez
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
