Novas
LISTAS DE ADMITIDOS DEFINITIVAS
Comunicamos que a lista definitiva de admitidos é a mesma que a provisional, pois non houbo variacións.
MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Horario de entrega de sobres de matrícula cubertos e devolución de libros de texto, tanto da ANPA como do Fondo libros da Xunta.
ALUMNADO ADMITIDO
Todo o alumado que solicitou praza en 1º ESO, 1º BACHARELATO E 2º DE BACHARELATO está admitido. O que solicitou en 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO non foi admitido.
PROTOCOLO ABAU 2020
Velaquí o protocolo para a presentación ás ABAU 2020. Lédeas con atención.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
No DOG de hoxe, 19 de xuño, saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.
IMPORTANTE: RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN!!!
No DOG do 6 de maio infórmase do restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión nos termos que a continuación se indican (pulsar en "ler máis"), de xeito que, a partir do 11 de maio o centro estará aberto no seu horario habitual en secretaría e con presenza dunha persoa do equipo directivo.
SEMANA SANTA
Queridas familias:
Comezamos hoxe as vacacións de Semana Santa ata o martes 14 despois deste período no que tivemos que adaptarnos a novas formas de ensinar e aprender e nas que parece que debemos continuar durante un tempo. Agora toca descansar e cambiar como se poida de actividade. O martes 14 volveremos “ás aulas” mentres esperamos novas da administración sobre como afrontar o terceiro trimestre. Ata entón, gozade da familia e coidádevos moito.
INFORMACIÓN 27 DE MARZO
Estimadas familias:
Agardamos que vos atopedes perfectamente e que esteades levando o mellor posible estes días de peche. No arquivo adxunto tedes información importante.
INSTRUCIÓNS PARA OS DÍAS DE ESTANCIA NA CASA DO ALUMNADO CON MOTIVO DO CORONAVIRUS
Ante a situación para o vindeiros días, informamos das medidas para continuar, no posible, coa actividade educativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
