Usuario: Acceso

Devolución dos libros de texto do fondo solidario

Comunicamos que a recollida dos libros de texto prestados polo fondo solidario da Consellería de Educación no curso 2018-19 farase na Aula 25 (enfrente Biblioteca) co seguinte calendario e horario:

  • 1º ESO o mércores 26 de 10.00 a 10.30
  • 2º ESO o mércores 26 de 10.30 a 11:00
  • 3º e 4º ESO o mércores 26 a partir das 11:30

So devolverán os libros o alumnado que non necesite ningún deles para setembro (devolucións completas). 

Para poder cumprir cas datas marcadas pola Consellería e fundamental que non se retrase a entrega dos libros, pasada a data non se poderá gravar a devolución na aplicación informática.

Lembramos que para recibir axudas no curso 2019-20 é necesario ter devoltos todos os libros prestados polo fondo solidario e que o alumnado que repita curso tamén ten que devolver os libros.

Saúdos.

O Equipo directivo

 

Volver arriba