Taboleiro

ANPA

FAITE SOCIO DA A.N.P.A

Para o instituto é moi importante a participación das familias e a ANPA e os representantes de nais e pais no Consello Escolar son a voz de todos/as vós.

Enquisa Dinamización Lingüística

Formulario ENQUISA DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA O ALUMNADO (Totalmente anónima).

Calendario Curso 2015-16

Mes

Axudas para a adquisición de material escolar

Comunicamos a publicación no DOG Núm. 166 do Martes 1 de setembro de 2015 da:

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

IMPORTANTE: Cambio libro de texto de INGLÉS en 1º Bacharelato

Comunicamos que cambia o libro de INGLÉS de 1º de bacharelato.

 Os novos libros son:

 - KEY to Bacharelato 1. Student´s book.Ben Wertz. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN9780194611053

 - KEY to Bacharelato 1. Workbook. Katrina Gormley. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN 9780194611121

 na relación de libros do curso xa están modificados.

Diego Mojón, a mellor nota da selectividade en Galicia.

Diego Mojón, alumno de 2ºE de bacharelato consegiu a máxima cualificación nas probas da selectividade de 2015 en Galicia.

Noraboa!

Cuestionario Fondo Social Europeo - Alumnado 3º e 4º ESO

O alumnado de 3º e 4º ESO, como participante na operación 10.1.1.2GAL4ESO16-17P-Novos Itinerarios de 3º e 4º ESO Curso 16-17, cofinanciada pola Unión europea a través do Fondo Social Europeo, debe responder a unha serie de preguntas de obrigado cumprimento. A finalidade é a de trasladar á Comisión Europea datos sobre a súa participación en cumprimento da normativa comunitaria aplicable.

Polo tanto, é obrigatorio cubrir o cuestionario do enderezo web:

Proxecto de decreto ESO e Bacharelato

Comunicamos a exposición pública do Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Enquisa: Estudo do Funcionamento das Bibliotecas Escolares de Galicia

Enquisa para o alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato:

 Preme aquí

Seguro Escolar curso 2014-15

Lembramos a nais/pais que se algún alumno/a de 3º e 4ºESO ou 1º e 2º Bacharelato sofre un accidente en horario escolar que requira asistencia sanitaria está cuberto polo seguro escolar nos centros hospitalarios da Seguridade Social, Concheiro ou O Castro. Indicar no momento da atención sanitaria que se trata de accidente escolar.

Os impresos necesarios poden retirarse na secretaría do instituto de 9:30 a 13:30 horas, antes ou despois da atención sanitaria.

Distribuir contido