Usuario: Acceso

Novas

Seguro Escolar curso 2014-15

Lembramos a nais/pais que se algún alumno/a de 3º e 4ºESO ou 1º e 2º Bacharelato sofre un accidente en horario escolar que requira asistencia sanitaria está cuberto polo seguro escolar nos centros hospitalarios da Seguridade Social, Concheiro ou O Castro. Indicar no momento da atención sanitaria que se trata de accidente escolar.

Os impresos necesarios poden retirarse na secretaría do instituto de 9:30 a 13:30 horas, antes ou despois da atención sanitaria.

Libro 4º ESO Lingua Castelá

Comunicamos que o libro de 4º ESO da materia Lingua Castelá que figuraba como pendente para o curso 2014-15 será:

ADARVE-TRAMA. Lengua y Literatura. Ricardo Lobato, Ana Lahera. Ed. Oxford ISBN 9788467357776

Calendario setembro 2014

CALENDARIO SETEMBRO 2014      Enlace a descarga

 

TRÁMITES TÍTULO DE BACHAREL E MATRÍCULA ABAU

No documento adxunto tedes a información dos trámites para a expedición do título de bacharel e a matrícula das ABAU. 

VISITA AO INSTITUTO OCEANOGRÁFICO

A alumna de 1º ESO A Laura Alonso gañou o II Premio de Relato Curto e Debuxo contra a Violencia de Xénero, convocado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra e toda a súa clase foi premiada cunha visita ao Instituto Oceaográfico de Vigo. Alí, o seu personal fíxonos partícipes das súas investigacións e tivemos a oportunidade de converternos en investigadores nos seus laboratorios. 

O ALUMNADO DE 3º ESO ESQUÍA

Xa está de volta o alumnado de 3º ESO que disfrutou dunha semana en Leitariegos. As clases de esquí e as actividades da tarde encheron uns días inolvidables para este grupo, acompañado de dous profesores. 

FONDO LIBROS

Xa está publicada a listaxe de Fondo de libros de texto para o curso 2019-2020.

A dirección

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

No seguinte arquivo adxúntase a listaxe provisional de Fondo Solidario dos libros de texto para o curso 2019-2020.

Resultados ABAU

Comunicamos que todo o alumnado do centro superou a ABAU na convocatoria ordinaria.

NORABOA

O Equipo Directivo

Distribuir contido

Volver arriba