Taboleiro

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras

A consellería de Cultura, Edducación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O número de prazas é de 1400.

Máis información:

Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria

Comunicamos que a alumna Claudia Álvarez Costas obtivo o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/2017.

Parabéns a premiada.

Saúdos.

O Equipo Directivo.

Calendario escolar curso 2017-18

Acompañamos calendario escolar cas datas das avaliacións para o curso 2017-18.

 

Adxudicacións de Bacharelato pola comisión de escolarización

Achéganse as adxudicacións de solicitudes de bacharelato realizadas pola comisión de escolarización no arquivo adxunto.

Saúdos

O Equipo Directivo

Inicio do curso 2017_2018

Comunicamos que o Venres 15 de setembro terán lugar as presentacións dos diferentes niveis no seguinte orde:

  • 10:30  1ºESO.
  • 11:00  1º Bacharelato.
  • 11:30  2ºESO.
  • 12:00  3º ESO.
  • 12:30  4º ESO.
  • 12:45  2º Bacharelato.

Cada presentación durará uns 30 minutos.

ESTE DÍA NON HABERÁ SERVIZO DE AUTOBÚS ESCOLAR

BENVIDOS

Fondo solidario de libros de texto e axudas alumnado repetidor 4ºESO

Comunicamos que o alumnado repetidor de 4º de ESO dispón de un prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula para presentar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e a solicitude para adquirir material escolar para o curso escolar 2017/18.

Entrega notas e devolución dos libros de texto do fondo solidario

Comunicamos as datas e horas de entrega de notas:

- 2º Bacharelato: Martes 5 ás 11:00 horas

- 1º ESO: Mércores 6 ás 10:00 horas

- 2º ESO: Mércores 6 ás 10:45 horas

- 3º ESO: Mércores 6 ás 11:30 horas

- 4º ESO e 1º Bacharelato: Mércores 6 ás 12:15 horas

A devolución dos libros de texto adquiridos co vale ou prestados polo fondo solidario no curso 2016-17 para o alumnado con materias pendentes para setembro será o mércores 6 de setembro na Biblioteca despois da entrega de notas (10:00 horas). 

Programa “Avós e Avoas Educadores/as” da Cruz Vermella

Acompaño información remitida ao Centro pola Cruz Vermella para informar do inicio do programa “Avós e Avoas Educadores/as” en colaboración coa  Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Información para trámites administrativos

Comunicamos que para retirar documentación persoal (certificados, títulos …) da secretaría do centro é necesario presentar:

-    Para o alumnado MENOR de idade:

Axuda de Material Escolar da Fundación Amigos de Galicia

Acompaño carta remitida ao Centro pola Fundación Amigos de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que traballa dando resposta ás necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos, principalmente, cando estas familias contan con menores a cargo. Poderedes coñecer máis sobre a labor da entidade na páxina web: http://fundacionamigosdegalicia.org/ no facebook da entidade: https://www.facebook.com/FundacionAmigosDeGalicia/

Saúdos.

O Equipo Directivo.

 

Distribuir contido