Blogue deadmin

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

HORARIOS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO

Horario de presentación dos cursos:

O mércores 23 de setembro presentaranse os grupos de 1º ESO, 2º ESO e 1º de Bacharelato co horario que se indica a continuación.

1º BACHARELATO: 9:00

1º ESO: 10:30

2º ESO: 12:30

 

O xoves 24 será a presentación do alumnado de 3º ESO e 2º BACHARELATO co horario que se indica a continuación.

3º ESO: 9:30

2º Bacharelato: 11:00

 

O venres 25 será a presentación de 4º ESO.

4º ESO: 9:30

O CURSO QUE AGORA COMEZA.....

Tagged:  

 

Estimadas familias:

Despois dun comezo de setembro no que as informacións da Consellería de Educación variaban cada pouco, finalmente confirmousenos que a Educación Secundaria Obrigatoria debía desdobrarse para acadar as distancias de seguridade entre o alumnado que marcan os protocolos (1,5 metros) e que o bacharelato, polo menos ata que cambien as condicións sanitarias, sería semipresencial. O esforzo do claustro do profesorado por preparar o centro para as novas condicións está a ser grande. Tivemos que converter en aulas espazos que normalmente non o son e tivemos que adaptar as aulas que sempre usamos ás novas ratios. Queremos que o noso centro sexa un lugar seguro, e levamos tempo traballando con este obxectivo. Pedímosvos a vosa colaboración, nun ano que se prevé duro, na concienciación dos vosos fillos e fillas por manter as medidas de prevención que recomendan as autoridades sanitarias. Nós traballaremos con eles neste mesmo sentido.

En breve comunicaremos as horas de presentación do alumnado os días 23, 24 e 25 de setembro.

Unha aperta e moito ánimo neste curso diferente que está a piques de comezar.

 

O Equipo Directivo 

 

 

FONDO DE LIBROS DA ANPA

Tagged:  

A ANPA do IES Carlos Casares fará a entrega dos libros de texto ao alumnado que os solicitou o luns, 21 de setembro co seguinte horario:

9:00 -  4º ESO

10:00 - 3º ESO

11:00 - 2º ESO

12:00 - 1º ESO. O alumnado de 1º ESO tamén poderá recoller xa, a esta mesma hora, os libros do fondo da Xunta. 

BECAS MINISTERIO PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Tagged:  

A solicitude das  becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo está dispoñibles ata o 30 de setembro na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2020.html

CAMBIO NAS DATAS DE COMEZO DE CURSO. FONDO LIBROS DA XUNTA

Tagged:  

Estimadas familias:

A Consellería de Educación vén de anunciar na súa páxina web o adiamento do comezo de curso para os días 23, 24 e 25 de setembro.

O día 23 fará a súa presentación o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato.

O día 24 presentarase o alumando de 3º ESO e 2º Bacharelato

O día 25 será a quenda de 4º ESO.

ENTREGA DE NOTAS, RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTOS E MATRÍCULA PARA O ALUMNADO QUE SE EXAMINOU EN SETEMBRO

O venres 4 de setembro será a entrega de notas de forma presencial. Cada curso recibirá o boletín de cualificacións de parte dos titores e titoras, na entrada no centro.

Horario entrega de notas:

Distribuir contido