NOVAS

 

 

FINAL DE CURSO

.- Calendario de actuacións docentes e administrativas para final de curso: 2º Bacharelato (ordinaria) (exames e recuperacións finais)

.- Calendario de actuacións docentes e administrativas para final de curso: 2º Bacharelato (extraordinaria) - 1º bacharelato (ordinaria e extraordinaria) - ESO 

Modelo de reclamación contra ás cualificacións finais ante o centro

Modelo de reclamación contra  ás cualificacións finais ante a Xefatura Territorial

-----------------------------------------------------------

 

BASES CONCURSO DE PODCAST

BASES CONCURSO DE MICRORRELATOS

MODELOS MATEMÁTICOS APLICADOS AO MUNDO REAL

Mª Dolores Gómez Pedreira, profesorado do departamento de matemáticas aplicadas da USC, impartiu una charla para que o alumnado de 1º bacharelato coñece a implicación das matemáticas no estudo de fenómenos como os Tsunamis, a colocación de válvulas no corazón, efectos de indución na industria…

 

 

REGUEIFAS NO IES BREAMO

"O concepto «regueifa» explicámolo sempre con tres definicións: un baile, un pan de voda e un xénero de improvisación oral en verso, pero a regueifa, en realidade, é moito máis…", e hoxe vímolo da man de Lupe Blanco, quen traballou co noso  alumnado de 2ºESO non só o concepto teórico de regueifa, senón sobre todo a súa aplicación práctica. Así pois, aprenderon a cantar improvisando, un pouco de historia e... acabaron regueifando!

 

RUTA DE SENDEIRISMO E EN KAIAK PARA O ALUMNADO PARTICPANTE NO PROGRAMA TITORAXUDATE

O alumnado de 1º e 3º de ESO participante no programa TitorAxudante gozaron nunha ruta de sendeirismo e kaiak. O obxectivo deste programa é facilitar a integración do alumnado, mellorar as habilidades sociais e formar ao alumnado na resolución de conflictos.

 

DÍA DO LIBRO

Nas  titorías da ESO, así como nalgunhas clases de linguas estranxeiras e certas optativas, como Oratoria, o noso alumnado escolleu un fragmento de diferentes obras representativas da literatura, tanto en galego como en castelán, inglés e francés.

O alumnado axudante de biblioteca trouxo ata o patio do IES un baúl cheo de libros e, como podedes ver… así comezaron as lecturas.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS - CHARLA COAS FAMILIAS

XOVES 18 DE ABRIL ÁS 17:00 H. NO SALÓN DE ACTOS

Estimadas familias:

Dirixímonos a vostedes para convidarvos a unha charla que leva por título “Comprendendo a Pubertade e Adolescencia”: por que é importante acompañar neste proceso. 

As relatoras son Mª Victoria Fernández Mosquera e Paula Dopico González, especialistas en trastornos da conduta do Equipo de Orientación Específico da Coruña.

Contamos coa túa presenza.

Atentamente,

Equipo directivo e departamento de orientación do IES Breamo 

OS EQUIPOS “CRAKS EUMESES” E TECNOFRAGAS” ACADAN O 2º e 7º POSTO NAS OLIMPÍADAS DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

 

Á chegada hoxe, martes 11 de abril, á Escola de Camiños, Canles e Portos, había unha recepción no salón de actos aos 16 equipos participantes de centros de toda Galicia. 

Despois das pertinentes expliacións realizaron as seguintes probas:  

.- A primeira proba, “Arco de doelas”, consistirá na construción dun arco de doelas no menor tempo posible e cun máximo de 15 minutos.

.- Na segunda proba, “Ponte Da Vinci”, os equipos terán que construír unha ponte de taboleiros de madeira e contarán cun tempo máximo de 15 minutos.

.- A terceira proba, nomeada “Presa-Dique”, baséase na construción dunha presa de materiais soltos que minoren o paso da auga, intentando que o tempo de infiltración sexa o maior posible. Contarán para realizar esta proba un tempo de 5 minutos.

.- Na cuarta proba, co nome de “ A enxeñaría de camiños e as súas obras”, os estudantes terán 15 minutos para montar o maior número de crebacabezas de gran tamaño posibles con imaxes de obras de enxeñaría.

.- A quinta proba, “LogisTIC, consistirá en transportar o máximo número de contedores nun tempo de 15 minutos.

.-Na última proba, “Xogando a ser enxeñeiro”, terán que superar o máximo número de desafíos cun videoxogo de construción en 15 minutos.

Unha vez feito o reconto de puntos por parte da organización, o equipo "Cracks Eumeses” obtivo o segundo posto na Olimpíada e o “Tecnofragas” un meritorio 7º posto. 

Pero o máis importante foi a convivencia con estudantes doutros centros e gozar dunha mañá onde puxeron en práctica o aprendido estas semanas, demostrando a súa capacidade de aprendizaxe, colaboración e compromiso co equipo. 

Parabéns!

MOBILIDADE ERASMUS+ DO PROFESORADO DO IES BREAMO

Durante os meses de febreiro e marzo, os profesores Lucinio Medel e Gloria Castro participaron, a través do CFR de Ferrol, nunha mobilidade no marco do Erasmus+. 

No caso de Lucinio, xunto co outros docentes españois, poido coñecer de primeira man a realidade educativa grega; profundar na civilización helénica da man de directores de teatro, actrices e docentes expertos en técnicas de interpretación e posta en escena para aplicar na aula; revisar os papeis de heroínas e heroes así como os roles de xénero nas traxedias Antígona e Edipo de Sófocles.

Ademais, visitaron os centros educativos número 3 e número 4 realizando obradoiros teatrais e observación docente entre iguais.

No caso de Gloria, o destino foi Dijon: xunto con outros membros de equipos directivos da zona de Ferrol, realizaron observación en aulas sobre a inclusión, o plurilingüismo e a educación dixital. Ademais, visitaron sete centros educativos nos que realizaron obradoiros, reunións coas direccións e observación docente entre iguais.

CINE CON PERSPECTIVA

O alumnado de 2º ESO C participou nun obradoiro do programa “Cine con perspectiva”, que tivo  como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. O alumnado creou  un produto (guión, plan de rodaxe...) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual baixo a temática da desigualdade no trato nas relacións en función do xénero.

VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITAS AO ACUARIUM E Á DOMUS - 2/04/2024

A actividade de escalada foi financiada pola Deputación da Coruña.

CURSO DE SOPORTE VITAL BÁSICO – ALUMNADO DE 1º BAC

O alumnado de 1 de bacharelato do IES Breamo asistiu este martes, 2 de abril, a un curso de Soporte Vital Básico impartido pola Dra. Yesica López Curbeira e seis profesionais máis da zona sanitaria de Ferrol. 

As nocións recibidas, tanto teóricas como prácticas, estaban relacionadas coa reanimación cardio pulmonar tanto en adultos como en bebés; así como actuación en caso de atragoarse, persoas inconscientes e uso do DESA.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer