OS EQUIPOS “CRAKS EUMESES” E TECNOFRAGAS” ACADAN O 2º e 7º POSTO NAS OLIMPÍADAS DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

 

Á chegada hoxe, martes 11 de abril, á Escola de Camiños, Canles e Portos, había unha recepción no salón de actos aos 16 equipos participantes de centros de toda Galicia. 

Despois das pertinentes expliacións realizaron as seguintes probas:  

.- A primeira proba, “Arco de doelas”, consistirá na construción dun arco de doelas no menor tempo posible e cun máximo de 15 minutos.

.- Na segunda proba, “Ponte Da Vinci”, os equipos terán que construír unha ponte de taboleiros de madeira e contarán cun tempo máximo de 15 minutos.

.- A terceira proba, nomeada “Presa-Dique”, baséase na construción dunha presa de materiais soltos que minoren o paso da auga, intentando que o tempo de infiltración sexa o maior posible. Contarán para realizar esta proba un tempo de 5 minutos.

.- Na cuarta proba, co nome de “ A enxeñaría de camiños e as súas obras”, os estudantes terán 15 minutos para montar o maior número de crebacabezas de gran tamaño posibles con imaxes de obras de enxeñaría.

.- A quinta proba, “LogisTIC, consistirá en transportar o máximo número de contedores nun tempo de 15 minutos.

.-Na última proba, “Xogando a ser enxeñeiro”, terán que superar o máximo número de desafíos cun videoxogo de construción en 15 minutos.

Unha vez feito o reconto de puntos por parte da organización, o equipo "Cracks Eumeses” obtivo o segundo posto na Olimpíada e o “Tecnofragas” un meritorio 7º posto. 

Pero o máis importante foi a convivencia con estudantes doutros centros e gozar dunha mañá onde puxeron en práctica o aprendido estas semanas, demostrando a súa capacidade de aprendizaxe, colaboración e compromiso co equipo. 

Parabéns!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer