Escola de nais e pais

PRÓXIMA XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS - Martes 06 de febreiro ás 18:00 h. (salón de actos)

O próximo martes terá lugar unha nova edición das xornadas da Escola de Nais e Pais. Contamos coa presenza de Miriam Otero Requeijo, doutora en psicoloxía e experta en planificación e desenvolvemento de programas de prevención de conductas aditivas.

A formación que leva por título “Prevención de condutas aditivas con ou sen sustancia” vai encamiñada a dotar ás familias de ferramentas educativas que favorezan o desenvolvemento saudable dos menores e melloren as relacións familiares.   

PREME NA IMAXE PARA VER O BIOLETÍN INFORMATIVO

4ª XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS

A relatora para esta cuarta xornada é Mª Victoria Fernández Mosquera, especialista en trastornos da conducta e membro do grupo da Consellería de Educación responsable da elaboración do plan de benestar emocional e do protocolo de prevención de risco suicida infanto - xuvenil.

Baixo o título “O coidado da dignidade humana como resposta ao acoso escolar”, abordará os seguintes temas: 

.- A  función da familia na adolescencia, hoxe.

- Concepto de acoso e elementos actuais de análise no acoso escolar.

- O papel das familias e do profesorado

- Respostas e retos colectivos fronte ao acoso escolar. 

 

PDF CO BOLETÍN INFORMATIVO

 

ANPA Aperta e equipo directivo do IES Breamo.

 

A SOCIEDADE CAMBIA E NÓS CON ELA

Neste segundo encontro da escola de pais e nais do IES Breamo, o psicólogo Ricardo Fandiño fálanos de como se modificaron as problemáticas máis relevantes na adolescencia ao longo dos anos; poñendo, neste momento, o acento na saúde mental e emocional. 

Desde o seu punto de vista profesional, sitúanos na mente dos nosos fillos e fillas para poder acompañalos neste camiño dunha forma exitosa. 

 

 

2ª XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS - 2 de febreiro de 2023

O poñente para esta segunda xornada é Ricardo Fandiño, psicólogo clínico, experto en adolescencia y presidente de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia).

Baixo o título “Adolescencia e saúde emocional: entre a comunicación e os límites.

O obxectivo é analizar de forma compartida cal é a actualidade da saúde emocional na adolescencia e como podemos situarnos os adultos na relación con eles.

Traballar con adolescentes non supón só salvar unha distancia xeracional, senón que poderiamos estar a tratar con suxeitos dunha nova especie. Debemos situarnos como o antropólogo que se achega a unha nova cultura, da que non sabe, pero desexa saber. 

Para iso, habemos de introducirnos nese novo mundo evitando distorsionalo co noso rumbo etnocentrista, que neste caso sería adultocéntrico.

Queda sinalada, por tanto, unha nova normalidade que desafía os nosos construtos teóricos e a nosa experiencia. A este reto enfrontámonos no noso traballo cotián, na escola, na clínica, nas institucións, coas nais, os pais e os profesionais.    

ANPA Aperta e equipo directivo do IES Breamo.

 

PREME NA IMAXE PARA VER O BOTETÍN INFORMATIVO.

 

ARRANCA A ESCOLA DE NAIS E PAIS

O IES Breamo e a ANPA APERTA en colaboración co CFR de Ferrol puxo a andar a Escola de Nais e Pais co obxectivo de falar de todos aqueles temas que preocupan ás familias e dos que queiran informarse.
O pasado xoves 24 de novembro celebrouse a primeira xuntanza que, impartida por 

ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), versou sobre o uso e control das redes sociais: adultos e adolescentes nas TRIC (tecnoloxías de relación, información e comunicación).

A charla, que discorreu nun ambiente distendido, con alta participación das familias, foi todo un éxito. 

Á palestra saíron numerosas anécdotas interxeracionais das familias sobre tempos pasados na relación cos pais e nais nun mundo “off line” e as dificultades  para o acompañamento ós fillos e fillas  nas RRSS.

As familias, sumamente satisfeitas polo debate enriquecedor con Cristina Martínez Bernárdez (psicóloga e psicoterapeuta da asociación ASEIA), pensan xa na segunda xuntan do próximo mes de xaneiro que levará por título: adolescencia e saúde emocional: entre a comunicación e os límites.

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA - XUNTANZA 24 DE NOVEMVBRO ESCOLA DE NAIS E PAIS (RRSS)

Por motivos de control de aforo, pregámosvos que cumprimentedes o seguinte formulario de asistencia.

POSTA EN FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE NAIS E PAIS DO IES BREAMO

O IES Breamo conxuntamente coa ANPA APERTA poñemos en marcha a Escola de Nais e Pais.

De que imos falar? De todos aqueles temas que vos preocupan e dos que queirades

Informarvos.
Pois como ben di un proverbio africano, "para educar ben a un individuo precisamos unha tribu, e para educar ben, cómpre unha boa tribu".  Como familias, somos un dos piares desa gran tribu, e través desta escola, coñeceremos moitos temas do noso interese que nos poden facilitar esta tarefa.
Sen máis preámbulos, comunicamos que o 
xoves 24 de novembro ás 18:00 h terá lugar a primeira xuntanza.

Esta primeira xornada estará impartida por ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) e leva por título O USO E CONTROL DAS REDES SOCIAIS: ADULTOS E ADOLESCENTES NAS TRICS (TECNOLOXÍAS DE RELACIÓN, INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN).

 

BOLETÍN INFORMATIVO

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA POR FORMULARIO

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer