Taboleiro de secretaría

CALENDARIO ACTIVIDADES

Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal

 

BRILLANTE PARTICIPACIÓN DO IES BREAMO NA OLIMPIADAD DE MATEMÁTICAS

Á comunidade educativa do IES Breamo celebra a participación dos grupos de alumnado de 1º e 3º de ESO no Canguro Matemático e agradece ao departamento de Matemáticas a súa dedicación.

A proba é organizada, (a nivel nacional), pola FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas). É imposible non destacar que no grupo de 1º ESO, entre 8.300 estudantes que participaron, a sobresaínte puntuación de Iago Miño que acadou un posto entre os dez primeiros. Tampouco sería xusto non mencionar o esforzó e dedicación dos compañeiros Roy (Óscar), Darío e Ariel que, sen o bo” feeling” que había entre eles, de seguro as cousas serían ben distintas. En definitiva, grazas ao seu compromiso, dedicación…, obtívose o que se definiría como unha inmellorable puntuación.

Para finalizar, nos gustaría extender a noraboa ao resto de participantes: Manuela, Xabi, Alex, Álvaro, Noa e Paula de 3º ESO que, ademais dos xa mencionados, contribuíron a manter vivo ese lume  particular dunha olimpiada. Grazas ás familias, tamén, pola inmellorable comunicación entre estas e o profesor responsable da proba, Marcos Villar Pazos.

 

O IES BREAMO DESPIDE Á PROMOCIÓN 2024 (2º Bacharelato)

Profesores, persoal de administración de servizos (PAS), familiares, amigos y por suposto o propio alumnado de 2º de BAC, gozamos dun evento que tivo por ingredientes: discursos, actuacións musicais, proxección de vídeo, imposición de becas e moita emotividade.

No acto fíxose memoria do acontecido nestes anos durante a estancia do alumnado noso IES, para facer un recoñecemento ao seu esforzo tanto persoal como colectivo. 

Agradecendo tamén, por suposto, a labor do profesorado, do PAS, e das súas familias polo seu seguimento e respaldo nestes anos de estudo.

Parabéns para o noso alumnado!!!

LETRAS GALEGAS

Onte celebramos o día das letras galegas con diferentes actividades. O alumnado de 1ºESO tivo unha charla con Antonio Fraga no Espazo Xove de Pontedeume. Alí, tivo a oportunidade de facer diferentes preguntas sobre os seus libros. Ademais, o alumnado de 4ºESO tivo a sorte de poder escoltar e falar con Eva Veiga sobre Luisa Villalta.

Pronto daremos a coñecer o nome dos gañadores do concurso de PODCAST e Microrrelatos.

 

-----------------------------------------------------------

 

BASES CONCURSO DE PODCAST

BASES CONCURSO DE MICRORRELATOS

MODELOS MATEMÁTICOS APLICADOS AO MUNDO REAL

Mª Dolores Gómez Pedreira, profesorado do departamento de matemáticas aplicadas da USC, impartiu una charla para que o alumnado de 1º bacharelato coñece a implicación das matemáticas no estudo de fenómenos como os Tsunamis, a colocación de válvulas no corazón, efectos de indución na industria…

 

 

REGUEIFAS NO IES BREAMO

"O concepto «regueifa» explicámolo sempre con tres definicións: un baile, un pan de voda e un xénero de improvisación oral en verso, pero a regueifa, en realidade, é moito máis…", e hoxe vímolo da man de Lupe Blanco, quen traballou co noso  alumnado de 2ºESO non só o concepto teórico de regueifa, senón sobre todo a súa aplicación práctica. Así pois, aprenderon a cantar improvisando, un pouco de historia e... acabaron regueifando!

 

RUTA DE SENDEIRISMO E EN KAIAK PARA O ALUMNADO PARTICPANTE NO PROGRAMA TITORAXUDATE

O alumnado de 1º e 3º de ESO participante no programa TitorAxudante gozaron nunha ruta de sendeirismo e kaiak. O obxectivo deste programa é facilitar a integración do alumnado, mellorar as habilidades sociais e formar ao alumnado na resolución de conflictos.

 

DÍA DO LIBRO

Nas  titorías da ESO, así como nalgunhas clases de linguas estranxeiras e certas optativas, como Oratoria, o noso alumnado escolleu un fragmento de diferentes obras representativas da literatura, tanto en galego como en castelán, inglés e francés.

O alumnado axudante de biblioteca trouxo ata o patio do IES un baúl cheo de libros e, como podedes ver… así comezaron as lecturas.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS - CHARLA COAS FAMILIAS

XOVES 18 DE ABRIL ÁS 17:00 H. NO SALÓN DE ACTOS

Estimadas familias:

Dirixímonos a vostedes para convidarvos a unha charla que leva por título “Comprendendo a Pubertade e Adolescencia”: por que é importante acompañar neste proceso. 

As relatoras son Mª Victoria Fernández Mosquera e Paula Dopico González, especialistas en trastornos da conduta do Equipo de Orientación Específico da Coruña.

Contamos coa túa presenza.

Atentamente,

Equipo directivo e departamento de orientación do IES Breamo 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer