PÁXINA WEB EN PROCESO DE ACTUALIZACIÓN
Para ver o listado dos libros de texto para o curso 2022/23 prema na imaxe.
Durante os días 12 e 13 de xullo estará aberto o prazo de reclamación. O día 18 de xullo sairán as listaxes definitivas.
Prégase as persoas interesadas que pasen polo centro para facer as comprobacións oportunas.
O alumnado de 2º ESO e 4º ESO que non precise algún libro asignado polo Fondo deberá comunicalo na secretaría do centro.
Moitas grazas pola atención.
Saúdos,
IES BREAMO
Saíu a convocatoria para o próximo curso escolar das axudas ás probas de nivel lingüístico para o alumnado de 4º ESO 1º e 2º de bacharelato. (Resolución do 10 de xuño do 2022).
Os estudantes teñen a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, totalmente de balde para as familias.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con 100€ a cada un dos alumnos que sexan seleccionados polos centros para presentarse ás probas.
O alumnado interesado ten que solicitalo na secretaría do IES Breamo e asinar un compromiso individual do alumno/a e o dos seus proxenitores. Data límite para a presentación: ampliación do prazo ata o 21 de setembro de 2022.
Todo o alumnado que reservou praza no IES breamo debe formalizar a sua matrícula. Os impresos de matrícula e o calendario do proceso de matrícula o tedes neste enlace. Admisión/Matrícula.
Para acceder os impresos de matrícula tedes que entrar como invitado na aula virtual do noso centro.
Estimadas familias:
O último día de clase é o 22 de xuño.
Durante a semana do 13 ao 17 de xuño, cada titor/a repartirá ao alumnado benificiario do fondo de libros un listado que inclúe a relación dos libros de texto prestados polo centro. O día da devolución dos libros será o mércores 22 de xuño na Secretaría do centro no seguinte horario:
O alumnado baixará en grupos de 5 persoas.
A entrega das cualificacións finais, polos/as titores/as, será o día 23 de xuño co seguinte horario:
Agradecemos a vosa colaboración ao longo do curso académico 2021/22. Que teñades un bo verán.
A dirección do IES Breamo.
Saíu a convocatoria para o curso 2022-23 das becas para o alumnado con necedidade específica de apoio educativo.
Podedes solicitar información chamando ao centro e poñendose en contacto co Departamento de Orientación.
Prazo: Do 19 de maio ao 30 de setembro do ano 2022.
Máis información neste enlace: Becas NEAE
(Orde do 29 de abril de 2022 - DOG nº 95 do 18 de maio de 2022)
RECOLLIDA DE LIBROS DE PRÉSTAMO DO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2021-2022
O alumnado deberá entregar a totalidade dos libros de texto prestados para o curso 2021-2022 o día 22 de xuño.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023
Do 19 de maio ao 22 de xuño. Só o alumnado repetidor de 4º ESO terá 1 mes desde a formalización da súa matrícula.
Forma de presentación
Documentación a achegar
Tanto a situación familiar como económica terá como data de referencia o 31 de decembro de 2020. Xunto coa solicitude, deberase achegar a seguinte documentación:
En caso de opoñerse á comprobación de datos, deberán achegar:
CáLculo da renda per cápita da unidade familiar
Será o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 (suma dos recadros 435 e 460) entre o número de membros computables, (computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente, ou a equivalente de clases pasivas)
Importe das axudas
|
Renda per cápita familiar |
Calquera renda per cápita |
|||||
|
< = 6.000 € |
> 6.000 e <= 10.000 € |
<= 6.000 € |
En garda ou tutela da Xunta |
Discapacidade >= 65% |
||
|
Libros de texto |
Material |
Libros de texto |
Material |
Libros de Texto |
Material |
|
1º e 2º EP |
210 € |
140 € |
50 € |
210 € |
50 € |
275 € |
50 € |
3º, 4º, 5º e 6ª EP ou ESO |
Fondo: 6 Libros |
Fondo: 4 Libros |
Fondo: 6 Libros |
Fondo: 6 libros ou 275 € |
|||
Alumnado con NEAE-EP |
210 € |
140 € |
210 € |
|
|
||
Alumnado con NEAE - ESO |
240 € |
160 € |
240 € |
|
|
A través do departamento de dinamización lingüística, sae á luz a revista Os Arcos, primeiro número con interesantes artigos de alumnado de bacharelato.
A suma dos cartos aportados por todas as familias en favor da infancia, a través da asociación Save the Children, na etapa do Camiño de Santiago realizado entre Pontedeume e Pontebaxoi, ascendeu a 1983 euros.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer