Libros de texto

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATARÁ O 21 DE XUÑO DE 2024

Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. 

 

PRESENTACIÓN EN SEDE ELECTRÓNICA 

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

Necesitará a Chave 365 (ou certificado dixital / DNI electrónico e Autofirma).

 

PRESENTACIÓN CON ASISTENCIA DA APLICACIÓN

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro.

 

PRESENTACIÓN EN PAPEL 

Cubra a man os anexos e presénteos no centro.

 

 As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria)
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

Para ver o listado dos libros de texto para o curso 2023/24 prema na imaxe.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer