Taboleiro de secretaría

MAGOSTO NO IES BREAMO - 31/10/2023

Degustación de castañas, música e xogos tradicionais. Así celebramos hoxe o Magosto no IES Breamo. O noso agradecemento para a Unidade Veciñal Olmo por asar as castañas, que estaban ben ricas!

LET´S CHAT 2023

O Departamento de Inglés do IES Breamo organizou un ano máis unha serie de charlas para o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. A finalidade é ofrecerlle ao noso alumnado un achegamento aos países de fala inglesa e as súas costumes dun xeito ameno coa intervención dun relator nativo.

 

SAMAÍN 2023

O IES Breamo celebrou este ano o SAMAÍN baixo a temática do afundimento do Titanic.

Despois da benvida, con berros e algunha risa incluída, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.

VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITA AO MUNCYT - 24/10/2023

O alumnado de 4 ESO (grupos A e B) desprazouse hoxe ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas (escalada no rocodromo de Riazor) e ampliar coñecementos sobre as materias STEM no MUNCYT.

INTERCAMBIO MORLAIX

Do 14 ao 21 de outubro tivemos a sorte de ter con nós ao alumnado francés de Morlaix (dos centros Saint-Joseph e Notre Dame du Mur), acompañados de dúas das súas profesoras.

Durante esta semana, realizaron diferentes actividades cos seus “correspondants”, entre elas, asistencia ás clases no IES Breamo, visita das diferentes dependencias do centro (Polos Creativos, biblioteca, ximnasio...), visita de Pontedeume, visita á granxa ecolóxica de Xanceda, desprazamento ata a Casa do Mel (A Capela), o paseo polas cidades de Santiago, Coruña e Ferrol...

Desde o IES Breamo consideramos que os intercambios lingüísticos son a forma máis eficaz de que o alumnado poña en práctica o aprendido no centro e non só iso, senón tamén que sexan quen de derribar as barreiras lingüísticas e culturais para poder coñecer o mundo por si mesmos, como así o fixeron durante a súa estadía en Morlaix e tamén durante a recepción do alumnado francés.

ESTAMOS DENTRO!

Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.

Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.

Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 

 

INICIO DAS CLASES - Curso 2023-24

O próximo día 11 de setembro comeza un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas. Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes e  sexa frutífero para os vosos fillos/as.

 

A presentación farase de forma ordenada con atención ós seguintes horarios:

11:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (1º ESO)

11:30 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (2º ESO)

12:00 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (3º ESO)

12:30 H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (4º ESO)

13:00H.- PRESENTACIÓN DOS TITORES E TITORAS CO ALUMNADO DOS SEUS GRUPOS (BAC)

 

PANO DE AULAS E ACCESOS

 

ACCESO AO CENTRO O DÍA 11 DE SETREMBRO

 

Todo o alumnado accederá ao recinto escolar pola porta do Paseo Marítimo.

 

ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DO INICIO DO CURSO (ALUMNADO DA ESO). 

Lémbrase aos responsables do alumnado da ESO, que unha vez que o alumnado entre no centro para asistir ás presentacións non poderá abandonar o mesmo ata que finalice a xornada. 

Quedará eximido disto o alumnado que traia unha autorización asinada ou a persoa autorizada veña buscalo. Pódese descargar aquí (autorización).

 

AUTOBÚS ESCOLAR (PARADA PRAZA ROSALÍA)

No caso de que o alumnado faga uso do transporte escolar contará co servizo no horario habitual e será atendido polo profesorado do centro ata a hora da presentación cos titores e titoras. Ao remate da actividade lectiva, ás 14:10 h, o transporte realizará a súa ruta correspondente.

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Os libros do fondo solidario, xunto co xustificante de entrega, entregaranse ao alumnado da ESO o 11 de setembro durante a presentación co titor ou titora. O alumnado devolverá durante a seguinte semana dito xustificante debidamente asignado polos seus responsables legais.

PREMIOS PARA ARJÉ TEATRO NO XXIV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Onte, 16 de xuño, celebrouse no teatro Colón na Coruña, a gala de clausura e entrega de premios do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, que ten como obxectivo ser unha festa de homenaxe á cultura teatral da nosa provincia e, ademais, ser o acto de entrega de premios ás obras, actores e actrices participantes con mellor valoración por parte do xurado.

Premios para Árjé Teatro pola súa obra “A raíña sen trono”:

Mellor obra categoría xuvenil

Mellor dirección artística

Mellor actriz/actor principal: Mencía Platas Varela

Mellor actriz secundaria: Eva Martínez Miguélez

Parabéns para o seu director, Javier de Melo, e para todo o elenco de actores e actrices. 

"BESOS PARA LA BELLA DURMIENTE" - ARLEQUINO TEATRO (IES BREAMO)

 

“Arlequino Teatro” estréase no IES Breamo coa súa primeira obra. 

"Besos para la Bella Durmiente" é unha obra do autor José Luis Alonso de Santos en que, en forma de comedia e xogo, se desenvolve a trama. Uns reis que non poden ter fillos son intruídos por un perspicaz labrego e grazas aos seus ensinamentos teñen unha filla. Esta cae baixo o maleficio de unha fada mala  que a mantén dormida durante varios anos. Cabaleiros, cabalos, fadas, reis, raiñas, un trovador , un labrego e  e un humilde paxe móvense ao redor da princesa dormida. Despertará?

Uriel Teijeiro Nande (El Trovador)
Lucía Castro (La Princesa Vega)   
Ángel D. Pendolero (El Rey Doroteo)     
Raein Kirchner (La Reina Magdalena)   
Miguel Couce  (El Paje)     
Saray Iglesias (El Hada Buena)   
Carolina Panadero (El Hada Mala)     
Susana Varela (El Caballero Rubio) 
Indhira Herrero (El Caballero Moreno)     
José Manuel López (El Jaco del C. Moreno)   
Miriam Teijeiro (El Jaco del C. Rubio)   
Naia Amado  (La Chambelana)       
Uriel Teijeiro Nande (El Labriego) 

O ALUMNADO DA CLASE DE 2º C DO IES BREAMO GAÑA O 1º ACCESIT NO CONCURSO CLASES SEN FUME.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o Director Xeral de centros Educativos Jesús Álvarez, presidiron hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo “Clases sen Fume”, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades

Nesta edición 2022-2023 participaron un total de 1.800  escolares de 40 cetros de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos. 

O bo facer do alumnado de 2 ESO C do IES Breamo foi recompensado co 1º Accesit ao premio do concurso pola súa actividade creativa titulada “Espazos sen Fume: deixa atrás os malos aires e goza coa química do teu cerebro”.

O premio consiste nunha xornada no parque acuático de Cerceda.

Parabens para o alumnado de 2 ESO C!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer