NOVAS
ESTAMOS DENTRO!
Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.
Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.
Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
A RAIÑA SEN TRONO
A raiña sen trono é o título que Arjé Teatro deu á adaptación da traxedia de Shakespeare O rei Lear estreada en 1606.
Excelente representación a do pasado venres.
Deixámosvos aquí o "trailer" da obra.
INTELIXENCIA ARTIFICIAL, OFERTA UNIVERSITARIA, CURSO DE PORTUGUÉS E OBRADOIRO SOBRE O COLECTIVO LGTBI
A pasada semana estivo chea de actividades para o noso alumnado: os de 2BAC, xa enfocados nas ABAU, recibiron a charla dun especialista que lles explicou cómo funcionaba o proceso. Pola súa banda, os de 1BAC coñeceron de primeira man a oferta educativa das universidades galegas.
Na ESO, destacamos o curso de onte OPS (O Portugués Simple) para 4ESO, que aproveita o que o noso alumnado xa sabe de galego para aprender portugués! Hoxe, en cambio, a Intelixencia Artificial tivo o seu papel: aprendimos dende cómo funciona a IA nun coche e como nos axuda na conducción, ata as utilidades do CHAT GPT no ámbito escolar.
Por último… Para conmemorar o día da Visibilidade Lésbica, tivemos con nós, de novo, a EuroEume, que chegou ao noso alumnado dunha maneira divertida, pero traballando ao mesmo tempo elementos importantes sobre o colectivo LGTBI.
MUSIQUEANDO 2023 #musiqueando2023 #nosimportalamusica
Desde o departamento de Música quixemos participar no MUSIQUEANDO 2023. O pasado venres o alumnado de bacharelato ofreceulle ós pequerrechos da Escola Infantil do Chalé Rosa unha pequena actuación. Que cariñas puxeron!, os máis atrevidos bailaron con nós.
OS DOUS SATELITES LANZADOS POLO IES BREAMO SON PREMIADOS NA FASE AUTONÓMICA DO PROXECTO CAMSAT.
O EQUIPO ATHENEA REPRESENTARÁ A GALICIA NA FASE NACIONAL QUE SE CELEBRARÁ EN GRANADA O 19 DE MAIO.
O pasado 27 de abrill celebrouse o acto de exposición de proxectos e a entrega de premios no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura.
Os equipos que culminaran con éxito, o lanzamento o pasado día 24 no aeródromo de Rozas defenderon os seus proxectos ante un tribunal de expertos.
O equipo Noxus composto por David Freijomil, Pablo Zárate, Teo Álvarez, David Varela e Brais Fraga, que tiña como obxectivo o deseño dunha aboia mariña que permita monitorizar a salinidade e as ondadas dos océanos e equipada cun localizador GPS para situar xeograficamente as medidas obtidas, conseguiu o premio ao mellor logro técnico.
Noel Amado, Daniel García, Mateo Lourido e Miguel Anxo (do equipo Athenea) que tiñan o compromiso de defender o reto de afrontar o desabastecemento de medicamentos tras un desastre natural, obtivo o premio á misión científica máis destacada.
O centro educativo IES Breamo quere felicitar publicamente ao alumnado implicado e ao seu profesor mentor, Daniel Cabal (profesor de tecnoloxía) polo seu compromiso e o traballo tan frutuoso realizado no presente curso.
CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO
O Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES Breamo convoca de novo o Concurso de Microrrelatos do IES Breamo, que chega este curso á súa undécima edición, dirixido á comunidade educativa do IES Breamo.
Preme aquí para ver as bases do concurso.
EXPOSICIÓN: O LIBRO E A ESCRITURA
No IES Breamo a partir de hoxe... exposición do libro e a escritura, coa colaboración do IES Fernando Esquío de Neda. Durante estas semanas os alumnos da ESO e 1ºBAC visitarán a exposición e farán un breve cuestionario. Levarán tamén un marcapáxinas de agasallo! Se tedes algunha suxerencia para a nosa biblioteca, podedes escribila en comentarios.
FAI CLICK AO TEU BOCATA
O alumnado de 1º de ESO participa no programa “Fai click ao tu bocata”, enmarcado dentro da campaña “Galicia sabe a Mar” da Xunta. O obxectivo é transmitir a importancia dos produtos en conserva, do pescado e marisco na dieta, en relación ás súas propiedades nutritivas.
Así, un total de 69 alumnos do noso centro participaron o pasado mércores nun dinámico obradoiro no que degustaron bocadillos elaborados a base de conservas de pescado e mariscos.
CAROLINA E LAURA NO CONCURSO "CANTA FERROL"
Carolina Panadeiro e Laura Picos fotografadas no instituto tras o seu paso por Canta Ferrol. As alumnas do IES Breamo que pasaron a criba para ser semifinalistas (33 de 160 inscritos) someteron as súas actuacións na primeira gala ás votacións a través de YouTube.
Para a gala final, na que tamén se tivo en conta os votos do xurado, houbo 15 elixidas. Carolina foi unha delas.
Parabéns para Laura e Carolina!
CAMBIO CLIMÁTICO NO PRATO
O Concello de Cabanas desenvolve no IES Breamo para o alumnado de 2º ESO un obradoiro de cocina sostible e saudable.
A iniciativa, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e promovida por People & Planet aposta polo aproveitamento dos alimentos e primando o emprego dunha ampla variedade de produtos repercutindo positivamente tanto na saúde como na pegada medioambiental.
O alumnado gozou cociñando e coa degustación dos pratos: salpicón de peixe e fabas con ovo encurtido, ñoquis de grelo en salsa carbonara e musse de requeixo con toffe e confitura de arándanos.
INTERCAMBIO ESCOLAR DO IES BREAMO CO COLEXIO SAINT-JOSEPH E O INSTITUTO NOTRE-DAME DU MUR DE MORLAIX
20 alumnos e alumnas de 1ºBAC, 4ºESO e 3ºESO participaron nun échange scolaire (intercambio escolar) co lycée Notre Dame du Mur e o collège Saint-Joseph de Morlaix. Dito intercambio tiña a súa base nun proxecto non só lingüístico, senón tamén medioambiental, baixo o lema “protejamos nuestra tierra”. É por iso que, entre as actividades organizadas en Morlaix e vilas cercanas, como Roscoff e Saint-Pol-de-León, destacan a visita a unha empresa ostrícola, mercados e invernadoiros ecolóxicos que promoven o mercado local e de proximidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »