Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal

NOVAS

ESTAMOS DENTRO! 

Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.

Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.

Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Para ver a información sobre o fondo de libros e as axudas ao material escolar prema aquí

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO DO 2021

Para consultar o calendario de setembro do 2021. Exames de setembro e outras actividades premer aquí

Coronabreamo, o que non esqueceremos

O pasado día 22, despedimos o curso cun  audiovisual no que se recolleron diferentes traballos e actuacións realizadas ao longo do curso. Un deses traballos é a curtametraxe "Coronabreamo, o que non esqueceremos", realizada coa colaboración de toda a comunidade educativa, unha testemuña da situación vivida neste curso 20-21.

10º Concurso de microrrelatos IES Breamo

Xa están outorgados os premios do 10º concurso de microrrelatos, organizado polo equipo de dinamización lingüística.

Ligazón ao blog de dinamización lingüística

NOVO PREMIO PARA ARJÉ TEATRO

O grupo de teatro Arjé ven de conseguir este fin de semana o premio ao mellor traballo actoral do elenco, coa obra realizada o pasado curso, "A visita do rancor", na fase autonómica dos premios Buero de teatro xoven.

Ligazón ao blog de actividades extraescolares

GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2015-2021

O pasado venres 28 de maio despedimos á promoción 15-21 na casa da cultura.

      LIGAZÓN AO BLOG DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

LETRAS GALEGAS 2021

Coincidindo este ano co día das letras galegas, que como sabedes está adicado á escritora e poeta viguesa Xela Arias, o compañeiro do voso centro Xavier González Freire de 3º ESO, participa no concurso de vídeo "Móvete" organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. O vídeo é finalista na modalidade individual "Promove o galego"                            Celebrando o día das nosas letras!

Premio á excelencia durante o curso 19/20

Premio á Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión no grao en Enxeñaría Mecánica, acadado pola alumna do noso centro, Marta Gómez Fueyo, durante o pasado curso 19/20.

Parabens a Marta e ao equipo educativo!

     

Conversas "Crecendo en igualdade" conmemorando o 8 de marzo

Alumnado do noso centro, participa o día 8 de marzo, nas conversas "Crecendo en igualdade" promovidas pòlo concello

Ligazón ás conversas no blog de actividades do centro

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

Presentación da solicitude de admisión:  1-22  de marzo.

 Recoller anexo II (ED550B) na secretaría ou cumprimentalo en http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  

 Tamén se pode descargar  de:

 http://www.xunta.es/portada  ou  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

Lugar de presentación: na secretaría do centro onde solicita a praza. Si vostede presenta a solicitude telemáticamente ten a obriga de presentar a documentación tamén na secretaría do centro.

Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro:

 

  1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  2. Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
  3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
  4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se é o caso.

 

 ·   Na mesma solicitude os representantes legais do alumno ou alumna deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complementarios.

 Na solicitude de admisión, concretamente no Anexo II, folla 3, columna “Marcar”, serán os solicitantes os que deben sinalar os conceptos do baremo nos que desexan ser puntuados.

 

·    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

·     Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar .

 

·      Publicación das listaxes definitivas  de persoas admitidas e non admitidas antes de 25 de maio.

 

NOTA  INFORMATIVA MOI IMPORTANTE

  

  • O alumnado  só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en 1º lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer