Skip to Content

-

Convocados os premios extraordinarios de ESO e BAC. 

Podes ver a convocatoria e os prazos nesta web,  en Secretaría- Premios.

Resumo dos premios extraordinarios BAC atallo

-

SEMANA DAS CIENCIAS

Do 27 de abril ao 31 de abril celebramos no centro a Semana das Ciencias con variados e interesantes proxectos que podedes pasar a ver.

 

                     

                  

Faro de Vigo:atallo 

La Región: atallo

 

 

 

-

PREMATRÍCULA 2023-2024.

O prazo para entregar as prematrículas remata o 21 de abril 

Para o alumnado que está matriculado este curso.

 

Co fin de planificar e coñecer as materias que elixirá o noso alumnado o curso que ven, realizaremos este ano a prematrícula de forma dixital. Nos arquivos adxuntos estás os formularios para os distintos cursos (os itinerarios e as optativas están tamén na web).

Hai que descargar o formulario, cubrilo dixitalmente e reenvialo ao correo do centro (ies.aslagoas@edu.xunta.gal) co asunto: PREMATRÍCULA, nome do alumno/a e curso e grupo actual.

É imprescindible poñer o asunto tal e como se indica para que non se despiste o formulario.

Gracias

1º ESO atallo

2º ESO atallo

3º ESO atallo

4º ESO atallo

1º BAC (para os que cursan agora 4º ESO) atallo

2º BAC (para os que cursan 1º BAC) atallo

-

BECAS 2023-2024

O Boletín Oficial do Estado publicou o venres 15 de marzo de 2024 a convocatoria xeral de becas para o curso 2024/2025, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios universitarios e non universitarios. atallo

Máis información: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Prazo de solicitude das becas MEC 2024/2025:

do 19 de marzo ao 10 de maio  24:00 horas, ambos incluidos.

 

No seguinte enlace poderás ver os prazos e o procedemento

Atallo: Portal de becas do MEC

-

ITINERARIOS E OPTATIVAS. Curso 2023-2024

No seguinte atallo atópanse os itinerarios e optativas para o curso que ven.

O alumnado matriculado actualmente no IES recibirá nuns días o formulario de prematrícula que terá que remitir ao centro nas datas indicadas.

 

atallo: ESO itinerarios e optativas 23-24

atallo: BAC itinerarios e optativas 23-24

-

Olimpiada Nacional de Matemáticas

A nosa alumna Raquel Freire Fernández obtivo na Olimpiada Nacional de Matemáticas, celebrada estes días en León, a medalla de bronce, un bronce que nós consideramos ouro.

Parabéns Raquel!!! Estamos orgullosos dos teus logros.

-

VISITA A LUGO ( 3/03/2023)

O alumnado do STEMBach visita en Lugo o Impulso Verde, un edificio municipal refrente no mundo da construccoón, bioclimatización e eficiencia enerxética.

Nova do Concello de Lugo

 

-

ERASMUS +

NOTA INFORMATIVA

O centro ven de acadar a acreditación para participar no programa europeo Erasmus + para os cursos 2023-2027

As mensaxes a través do grupo de WhatsApp dos delegad@s de grupos destes días tiñan a función de levar a cabo unha sondaxe do posible interese do alumnado en participar en mobilidades individuais.

Estamos á espera da avaliación definitiva do noso proxecto Erasmus+ pola SEPIE de Madrid. Dependendo dos resultados que obteñamos, xa decidiremos como levar a cabo estas mobilidades.

Moitas gracias

-

MÓDULO BIOCLIMÁTICO

O xoves, 2 de febreiro, presentamos con moito orgullo o primeiro resultado do STEMBach: o módulo bioclimático.

PARABÉNS AO PROFESORADO E ALUMANDO DO PROXECTO!!!

Ao acto acudiron representantes da administración educativa e de institucións da cidade. Podedes ver a repercusión que tivo na prensa nos seguinte enlaces.

Consellería de Educación

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

 

 

-

OLIMPIADA GALEGA DE MATEMÁTICAS

 

Raquel Freire Fernández

1º premio da LIX Olimpiada Matemática Galega

Parabéns Raquel! Un orgullo para a nosa comunidade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut