Skip to Content

OS TALLERES DE ESCRITURAS ANTIGAS, CITADOS NA RADIO E NA PRENSA

XA SAEN NA RADIO E NA PRENSA OS NOSOS TALLERES 

ESCRITURAS ANTIGAS GREGAS 

 

 

MENCIONADOS NA 


PROGRAMA "HOY POR HOY" DE ÁNGELS BARCELÓ 

DO MÉRCORES 12/6/24

 


 

 

 

LA VOZ DE GALICIA DO MARTES 11/6/2024:

 

 

 

 

Alumna do IES As Lagoas recibe o premio do I Premio Breviter.

Hoxe, 12 de xuño, Eliana Correa, de 1º BAc E recibiu no IES Xelmirez I, en Santiago de Compostela, o premio Breviter, organizado polo centro compostelà, na modalidade de audiovisual.

O seu traballo nos fai reflexionar sobre os peligros de non pensar no planeta.

Parabéns Eliana!

 

 

 

Alumnos premiados no X CONCURSO DE CURTAMETRAXES SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTES DE ÓRGANOS

Os alumnos de 1º de bacharelato do IES As Lagoas de Anatomía aplicada participaron no X concurso de curtametraxes organizado por ados e a consellería de sanidade,a nivel autonómico, sobre doazón e transplantes de órganos. Resultaron gañadores do segundo premio unha curtametraxe presentada polos alumnos: Carlos Miguel Hermida, Elena Flórez, Carla Gascón, Cristal Daniela Mota e Laia Rodríguez.


Parabéns para este equipazo, polo traballo feito, unha curta que ten por título: "Elixe o teu final...."

 

Alumnos do bacharelato de excelencia gañan o primeiro premio da VIII EDICIÓN - PREMIOS A LA ECOINNOVACIÓN da Fundación Endesa

Os alumnos do bacharelato de excelencia do IES As lagoas gañaron o primeiro premio na categoría  'Identificar solucións a un problema ambiental' da VIII edicion dos “Premios a la Ecoinnovación” da Fundación Endesa. Presentaron unha solución innovadora e orixinal o problema ecolóxico ou medioambiental da edificación sostible. Deseñaron e realizaron unha solución construtiva respectuosa co medio ambiente e coas persoas concretando ese facer no “Módulo Bioclimático”.

CANGURO MATEMÁTICO 2024

Moitos parabéns ao noso alumnado premiado, cos seguintes premios:

 

CATEGORÍA 3º ESO

1º premio
Pablo Freire Fernández


4º premio
Xohán Martínez-Risco Mato



CATEGORÍA 2º BACHARELATO:

1º premio
Raquel Freire Fernández

 

CONCURSO "JÓVENES TALENTOS DE RELATO CORTO" (ORGANIZA COCA-COLA)

Parabéns a nosa alumna Elisa Varela López por resultar gañadora da fase provincial e autonómica da 63ª edición do Concurso Jóvenes talentos de relato corto organizado por Coca Cola. Moita sorte na fase estatal!!!!

 

-

 

Acto de recoñecemento de centros acreditados Erasmus +

Onte tivo liugar o Acto de recoñecemento de centros acreditados Erasmus + que tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ao que acudiu a nosa vicedirectora.

Estamos moi ilusionados con este novo proxecto que leva ao centro por toda Europa.

 

-

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

O 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica. atallo

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Distribuir contido


by Dr. Radut