Publicamos na nosa páxina unha serie de preguntas e respuestas frecuentes que nos están chegando por parte do alumnado e das súas familias.
Esperamos que valga de axuda e orientación para resolver aquelas dúbidas que estamos detectando sobre o final de curso.
Aproveitamos para públicar o calendario de probas que vai haber a finais de xuño.
A dirección.
Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O noso IES emprega o libro eléctrónico Edixgal polo que non se pode solocitar fondo solidario de libros pero si as axudas para a compra de material escolar.
A información sobre estas axudas podedes vela no DOG do 29 de abril.
Os anexos que hai que cubrir e entregar no centro son os seguintes:
Tamén se pode presentar electronicamente entrando na páxina de fondo libros.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.
Publicamos a continuación os criterios que vai aplicar cada departamento para avaliar e calcular as cualificacións do alumnado do noso centro. Estes criterios están adaptados á nova normativa que aplica a Consellería na que hai unha nova distribución de avaliacións, quedando agora unha terceira avaliación parcial a principios de xuño e a final ou ordinaria o 23 de xuño.
Os criterios son os seguintes:
Publicamos a continuación as novas programacións dos diferentes departamentos actualizadas ao novo calendario escolar.
Publicamos a continuación os criterios establecidos pola Consellería e concretados polo noso centro para promocionar, pasar de curso, e obter o título da ESO.
Podedes descargalo AQUÍ
A próxima semana actualizaremos como se avaliará en cada materia ante o novo sistema de 3ª avaliación e unha avaliación final ordinaria.
Para resolver dúbidas podedes chamar ao centro ou escribir un correo e intentaremos resolvelas o antes posible.
Atentamente, a Dirección.
Dende o IES As Insuas queremos informar ás familias que estamos poñendo en marcha no centro o servizo de xustificación de faltas e de petición de citas de titoría a través da aplicación Abalar móbil.
Publicamos dous titoriais para explicar como é o uso da ferramenta en ambos casos. Poden chamar ao centro en caso dalgún problema.
Aquí podedes ver os criterios de avaliación de cada unha das materias:
No documento adxunto pódese ver as condicións para solicitar máscaras para o alumnado.
MÁIS INFORMACIÓN:
No presente curso 2021-22 terá lugar a renovación do Consello Escolar por medio de eleccións que se desenvolverán ao longo do mes de novembro. Unha Xunta Electoral supervisará o proceso e estará formada por varios membros da comunidade educativa e serán escollidos por sorteo.
No documento adxunto tedes o lugar, data e hora de dito sorteo que será público.
Nas próximas días anunciaremos o resultado do sorteo así como as datas das diferentes eleccións que se celebrarán no IES.
Un saúdo e dende o centro queremos animarvos a participar.