Skip to Content

PLAN DE CONTINXENCIA DO IES AS INSUAS

A continuación publicamos o plan de continxencia do noso IES no que se contempla como debería reiniciarse a actividade lectiva en caso do peche do centro e tamén como sería a docencia de xeito telemático e os horarios a aplicar para os diferentes grupos.

Podes descargalo na seguinte ligazón:

PLAN DE CONTINXENCIA

Un saúdo

Axudas máscaras para o alumnado

Convocadas axudas para distribución gratuita de máscaras ao alumnado da ESO en función da renda.

REQUISITOS:

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (o cheque de 50€) xa as ten concedidas automáticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaránse a este alumnado cando se remate o proceso, a partir do mes de decembro.

Poden solicitalas as familias que acrediten unha renda per cápita de 6.000€ anuais ou menos.

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020

Podes descargar AQUI a convocatoria do DOG que inclue o impreso que hai que cubrir para solicitar a axuda.

As máscaras repartiránse cando remate o proceso, a partir do mes de decembro.

LIBROS DE TEXTO 2020/21

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/21.

Podes consultala AQUÍ

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2020

Publicado o calendario das probas extraordinarias de setembro do curso 2019/20, podedes consultalo AQUÍ

 

DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/21

As datas para matricularse no vindeiro curso 2020/21 serán as seguintes

  • Alumnado que pasa a 1ºESO: 30 xuño-1 xullo
  • Alumnado que pasa a 2ºESO: 2 e 3 de xullo
  • Alumnado que pasa a 3ºESO: 6 e 7 de xullo
  • Alumnado que pasa a 4ºESO: 8 e 9 de xullo

Horario de 10 a 14 horas

Uso OBRIGATORIO de MÁSCARA

Lembrade traer boligrafo para asinar a documentación.

NOVAS PROGRAMACIÓNS E NOVOS CRITERIOS AVALIACIÓN

Publicadas polos departamentos as novas programación e os novos criterios de avaliación.

Podedes consultalos AQUÍ

FONDO LIBROS

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.

Atenderase por cita previa no teléfono 881867208.

É obrigatorio o uso de mascarilla e levar un bolígrafo.

1º e 2º ESO ao estar en E-Dixgal, deben solicitar axudas de material escolar.

Poden descargar aquí o documento publicado pola consellería

Páxina da consellería onde hai instrucións para presentar telemáticamente e presencialmente.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

O IES As Insuas, desexa un Feliz Día das Letras Galegas 2020 co cartel deseñado por unha alumna de 4º ESO, Raquel Cambeiro Fernández.

Preguntas e respostas para as familias

No documento adxunto, tedes unha serie de preguntas e respostas que consideramos, aclaran a situación dos vosos fillos/filllas no  terceiro trimestre. Se tedes algunha dúdida poñerse en contacto coa dirección do centro, en horario de 10:00-14:00.
Un afectuoso saúdo!

AdxuntoTamaño
Preguntas e respostas pais-nais.pdf519.51 KB
Distribuir contido


 

by Dr. Radut