881 86 72 08
Obradoiro de Coeducación: A igualdade e a prevención das violencias machistas nas relacións afectivas e sexuais 12/05/23
O pasado venres 12 de maio finalizou o Obradoiro de Coeducación impartido por Ángela (Feitoría Verde) no que participou a rapazada de 2º ESO do noso centro.
Neste obradoiro que se desenvolveu en abril e maio o alumnado puido aprender contidos, habilidades e valores relacionados cos estereotipos de xénero, roles de xénero, mitos do amor romántico, o "botrato" e o maltrato nas parellas, etc.
Programa Edureferentes 21/04/23
Ester venres o alumnado de 3º ESO A participou no Obradoiro de Softskills e creatividade para potenciar as habilidades e competencias persoais e laborais , a segunda actividade do Proxecto Edureferentes.
Programa Edureferentes 24/03/2023
Este venres levouse a cabo co alumnado de 3º ESO-A a 1º actividade do Proxecto Edureferentes, o cal ten como obxectivo achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral, desde unha perspectiva de xénero.
Nesta ocasión o alumnado participou nunha charla informativa impartida por Gloria Solé e Carmen Pomar, dúas mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais.
O proxecto contará con 2 actividades máis: un Obradoiro dirixido a potenciar as habilidades e competencias persoais e laborais co grupo e mentorías individuais.
Obradoiro de Regulación emocional, prevención da depresión e da ansiedade 06/02/2023
O luns 6 e 13 de febreiro desenvolveuse coa alumnado de 3º ESO-A o Obradorio de Regulación emocional dentro dos Contratos-Programa (CP Inclúe), concretamente no EMOCIONA-T.
Neste obradoiro o noso alumnado identificou as emocións básicas e as técnicas para a regulación emocional e aprenderon ideas clave para previr a ansiedade e a depresión.
Obradoiro de Prevención de trastornos alimentarios 01/02/2023
O pasado mércores 1 e venres 3 de febreiro, o alumnado de 2º ESO e 4º da ESO participaron non Obradoiro de Prevención de desordes alimentarias realizado dentro dos Contratos-Programa (CP Inclúe), concretamente no EMOCIONA-T.
Entre os temas tratados destacamos aspectos como o autoconcepto e autoestima, a análise crítica das mensaxes que se transmiten na publicidade e nas redes sociais, a gordofobia ou claves para una autoestima saudable, entre outros.
Obradoiro de Habilidades Sociais e resolución de conflitos 23/11/22
Dende o 23 de novembro ata o 1 de febrero desenvolveuse coa alumnado de 2º ESO-A o Obradorio de HHSS e resolución de conflitos dentro dos Contratos-Programa (CP Inclúe), concretamente no CONVIVE-T.
Nestas sesións traballáronse co grupo aspectos relacionados coa cohesión grupal, as habilidades socioemocionais, os valores e a empatía, así como a posta en práctica de técnicas para resolver os conflitos de maneira pacífica e axeitada.
Obradoiro Educación afectivo sexual 12/12/22
O luns 12 de decembro o alumnado de 3º ESO participou no Obradoiro de Educación afectivo sexual impartido por técnicas do Servizo QUEROT+ da Consellería de Política Social e Xuventude.
ORIENTALINE
Dende o centro queremos presentarvos a aplicación de orientación académica e profesionalcoa que contamos este curso chamada “Orientaline”.
Esta aplicación permite facilitarlle ao alumnado información sobre a ESO, as modalidades de Bacharelato ou a oferta de FP grao medio que se pode cursar ao rematar a ESO. Tamén poderedes consultar información sobre a oferta dos ciclos FP grao superior ou estudos universitarios.
Moi importante tamén que saibades que a aplicación permítevos cubrir os cuestionarios de autocoñecemento e poder fundamentar mellor a vosa toma de decisións vocacionais.
Se pinchades na ligazón poderedes acceder a aplicación dende os vosos móbiles, tabletas ou ordenadores.
Se tendes dúbidas podedes achegarvos a falar coa orientadora. Agardamos que vos sexa de utilidade!
CHARLA DO PLAN DIRECTOR CONTRA O ACOSO ESCOLAR - 14/11/22
CHARLA DO PLAN DIRECTOR CONTRA O ACOSO ESCOLAR PARA ALUMNADO DE 2º DE ESO
O alumnado de 2º da ESO vén de recibir hoxe 14 de novembro unha charla sobre o acoso escolar dentro do Plan Director.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
