Benvida

  

    

LIBROS DE TEXTO 2021/22

Publícase a continuación a listaxe cos libros de texto para o vindeiro curso escolar.

Podedes descargala AQUÍ

Recomendamos non comprar ningún de momento pois o centro dispón de exemplares, en setembro farase un reparto dos mesmos entre o alumnado.

Calendario exames de setembro

Publicamos no arquivo adxunto o calendario cos días e as horas en que se realizarán as probas extraordinarias de setembro.

Descarga AQUÍ o calendario.

Para calqueira dúbida sobre as probas podedes chamar ao centro.

Un saúdo e bo verán.

 

Calendario final de curso

A continuación no arquivo adxunto o calendario de fin de curso.

FONDO LIBROS

Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Podedes descargar AQUÏ o formulario que hai que entregar para solicitar a participación.

Máis información no DOG do 20 de maio

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

 

PLAN DE CONTINXENCIA DO IES AS INSUAS

A continuación publicamos o plan de continxencia do noso IES no que se contempla como debería reiniciarse a actividade lectiva en caso do peche do centro e tamén como sería a docencia de xeito telemático e os horarios a aplicar para os diferentes grupos.

Podes descargalo na seguinte ligazón:

PLAN DE CONTINXENCIA

Un saúdo

Axudas máscaras para o alumnado

Convocadas axudas para distribución gratuita de máscaras ao alumnado da ESO en función da renda.

REQUISITOS:

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (o cheque de 50€) xa as ten concedidas automáticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaránse a este alumnado cando se remate o proceso, a partir do mes de decembro.

Poden solicitalas as familias que acrediten unha renda per cápita de 6.000€ anuais ou menos.

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020

Podes descargar AQUI a convocatoria do DOG que inclue o impreso que hai que cubrir para solicitar a axuda.

As máscaras repartiránse cando remate o proceso, a partir do mes de decembro.

LIBROS DE TEXTO 2020/21

Publícase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/21.

Podes consultala AQUÍ

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2020

Publicado o calendario das probas extraordinarias de setembro do curso 2019/20, podedes consultalo AQUÍ

 

DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/21

As datas para matricularse no vindeiro curso 2020/21 serán as seguintes

  • Alumnado que pasa a 1ºESO: 30 xuño-1 xullo
  • Alumnado que pasa a 2ºESO: 2 e 3 de xullo
  • Alumnado que pasa a 3ºESO: 6 e 7 de xullo
  • Alumnado que pasa a 4ºESO: 8 e 9 de xullo

Horario de 10 a 14 horas

Uso OBRIGATORIO de MÁSCARA

Lembrade traer boligrafo para asinar a documentación.

Distribuir contido