Convocatoria das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

Máis info: https://www.edu.xunta.es/…/Orde_convocatoria_axudasle_2018.

Toda a información: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Celebración do día de Rosalia

Aquí tedes o video adicado a Rosalía creado polo alumnado do IES As Insuas

Listaxe definitiva Fondo Libros curso 2017-2018

Listaxe definitiva de alumnos/as de Fondo Libros xa foi posta en coñecemento das familias por teléfono individualmente.

As persoas interesadas ponde pasar a ver dita listaxe, presencialmente, no taboleiro de anuncios do centro.

 

O cheque axuda material escolar xa foi posto en coñecemento de cada familia individualmente por vía telefónica.

un saúdo.

 

Listaxe Provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros para o curso 2017-2018

No documento adxunto pódese ver alistaxe provisional de admitidos no Fondo solidario de Libros para o curso 2017-2018.

Dende o centro poñeremonos en contacto coas familias para informar dos libros concretos que terán que comprar os seus fillo/as.

Tamén se informará persoalmente por sms,nos próximos días, as familias que foron admitidas na axuda material escolar (cheque de 50€), e que dos días indicados nos que terán que pasar polo centro a recoller os cheques.

Tamén se lles informará as familias non admitidas nas axudas material escolar ,por sms, dos prazos para presentar as reclamacións.

Datas Exames Extraordinarios de Setembro 2017

No anexo pódese consultar as datas dos exames extraordinarios de setembro 2017.

Libros de Texto 2017-2018

No seguinte enlace pódense consultar as listas de libros do texto para o próximo curso 2017-2018.

Distribuir contido