Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar

Este ano 2022 celébranse eleccións ao Consello Escolar.

As informacións relevantes respecto ao proceso iránse publicando nesta sección da páxina do IES.

Convocatoria para as familias a participar nas Eleccións ao Consello Escolar.

 

Candidaturas presentadas no apartado de rrpresentantes das familias

INFORMACIÓN RELEVANTE:

  • O prazo de presentación de candidaturas remata o día 15 de novembro
  • As VOTACIÓNS terán lugar o día 25 de novembro

INICIO DO CURSO 2022/23

O día 8 de setembro iniciamos o novo curso escolar. O horario será de 08:30 a 14:10

Haberá servizo de autobuses co horario habitual e nas paradas habilitadas. 

Este primeiro día entregaráselle ao alumnado os libros prestados polo centro polo que recomendamos que traian unha mochila baleira para poder levalos a casa e comprobar o listado dos libros entregados.

Un saúdo e moito ánimo!

Datas de matrícula

As datas de matrícula para o curso 22/23 son as seguintes: 

1º ESO 28 de xuño. 

2º ESO 30 de xuño. 

3º ESO 1 de xullo. 

4º ESO 4 de xullo.

O horario será de 10 a 14 horas.

Preguntas frecuentes sobre o final de curso

Publicamos na nosa páxina unha serie de preguntas e respuestas frecuentes que nos están chegando por parte do alumnado e das súas familias.

Esperamos que valga de axuda e orientación para resolver aquelas dúbidas que estamos detectando sobre o final de curso.

Aproveitamos para públicar o calendario de probas que vai haber a finais de xuño.

A dirección.

FONDO LIBROS

Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

O noso IES emprega o libro eléctrónico Edixgal polo que non se pode solocitar fondo solidario de libros pero si as axudas para a compra de material escolar.

A información sobre estas axudas podedes vela no DOG do 29 de abril.

 

Os anexos que hai que cubrir e entregar no centro son os seguintes:

Tamén se pode presentar electronicamente entrando na páxina de fondo libros.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN.

Publicamos a continuación os criterios que vai aplicar cada departamento para avaliar e calcular as cualificacións do alumnado do noso centro. Estes criterios están adaptados á nova normativa que aplica a Consellería na que hai unha nova distribución de avaliacións, quedando agora unha terceira avaliación parcial a principios de xuño e a final ou ordinaria o 23 de xuño.

Os criterios son os seguintes:

NOVAS PROGRAMACIÓNS ACTUALIZADAS ABRIL 2022

Publicamos a continuación as novas programacións dos diferentes departamentos actualizadas ao novo calendario escolar.

 

Criterios de promoción e titulación.

Publicamos a continuación os criterios establecidos pola Consellería e concretados polo noso centro para promocionar, pasar de curso, e obter o título da ESO.

Podedes descargalo AQUÍ

A próxima semana actualizaremos como se avaliará en cada materia ante o novo sistema de 3ª avaliación e unha avaliación final ordinaria.

Para resolver dúbidas podedes chamar ao centro ou escribir un correo e intentaremos resolvelas o antes posible.

Atentamente, a Dirección.

Distribuir contido


 

by Dr. Radut