Skip to Content

Novas funcionalidades Abalar

Dende o IES As Insuas queremos informar ás familias que estamos poñendo en marcha no centro o servizo de xustificación de faltas e de petición de citas de titoría a través da aplicación Abalar móbil.

Publicamos dous titoriais para explicar como é o uso da ferramenta en ambos casos. Poden chamar ao centro en caso dalgún problema.

 

AXUDAS MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

No documento adxunto pódese ver as condicións para solicitar máscaras para o alumnado.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621

AdxuntoTamaño
Solicitude máscaras.pdf1.16 MB
AXUDAS MÁSCARA PARA O ALUMNADO.pdf620.05 KB

Eleccións Consello Escolar

No presente curso 2021-22 terá lugar a renovación do Consello Escolar por medio de eleccións que se desenvolverán ao longo do mes de novembro. Unha Xunta Electoral supervisará o proceso e estará formada por varios membros da comunidade educativa e serán escollidos por sorteo. 

No documento adxunto tedes o lugar, data e hora de dito sorteo que será público.

Nas próximas días anunciaremos o resultado do sorteo así como as datas das diferentes eleccións que se celebrarán no IES.

Un saúdo e dende o centro queremos animarvos a participar.

Reunión coas familias

Dendo o IES As Insuas queremos organizar unha reunión entre os titores e as familias do noso alumnado. Por mor da Covid-19 as reunións serán de xeito telemático o LUNS 27 DE SETEMBRO pola tarde nos horarios marcados máis abaixo. Simplemente teredes que pinchar na ligazón do curso correspondente na hora sinalada, escribir un nome para identificarrse e xa entraredes na reunión.

 

 

Fixádevos ben na hora pois son diferentes para 1º e 2º que para 3º e 4º.

Un saúdo

 

LIBROS DE TEXTO 2021/22

Publícase a continuación a listaxe cos libros de texto para o vindeiro curso escolar.

Podedes descargala AQUÍ

Recomendamos non comprar ningún de momento pois o centro dispón de exemplares, en setembro farase un reparto dos mesmos entre o alumnado.

Calendario exames de setembro

Publicamos no arquivo adxunto o calendario cos días e as horas en que se realizarán as probas extraordinarias de setembro.

Descarga AQUÍ o calendario.

Para calqueira dúbida sobre as probas podedes chamar ao centro.

Un saúdo e bo verán.

 

Calendario final de curso

A continuación no arquivo adxunto o calendario de fin de curso.

AdxuntoTamaño
Calendario final de curso 20-21.pdf71.38 KB

FONDO LIBROS

Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Podedes descargar AQUÏ o formulario que hai que entregar para solicitar a participación.

Máis información no DOG do 20 de maio

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

 

Distribuir contido


 

by Dr. Radut