Skip to Content

PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL.

 
Accede aquí á Resolución da convocatoria e aquí á zona de información da web da Consellería de Educación sobre este tema. 

Datos máis importantes

(para acceder á información completa premer nos enlaces previos) 

Proba para alumnado 4ºESO que queira acreditar nivel intermedio de Competencia Dixital

  • O alumnado de 4ºESO que titule obterá automáticamente o nivel “iniciación”. No caso de querer obter o nivel intermedio debe superar unha proba.
  • A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html).
  • A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
  • Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
  • A proba é gratuita e para o alumnado de 4ºESO realizarase no mes de maio (data por determinar)
  • Prazo de solicitude: 15 de marzo ata as 14:00 (modifícase o publicado na resolución)
  • Formulario de solicitude: premer aquí (presentarase exclusivamente na secretaría do centro, non por correo)


blog | by Dr. Radut