O OBRADOIRO MÚSICABARXAS RECOLLE UN PREMIO EN MADRID

 

O pasado xoves, 21 de xaneiro, celebrouse no salón de actos do Instituto Cervantes de Madrid a Gala de Entrega de premios da III edición do Premio Nacional da Fundación GSD.

O Obradoiro Músicasbarxas foi o gañador do segundo premio,  na modalidade 1, relacionada cos proxectos educativos desenvolvidos por docentes que traballen directamente na aula de educación reglada, e que ten por integrantes a José Manuel Durán, Palmira Calvar e José Luis Pena.

Recolleron o premio José Manuel Durán e José Luis Pena, xunto a eles, na foto que recolle o momento da entrega, están Ximena Muñoz (Consultora de Naciones Unidas) e Javier Cacho (Gerente de Grandes Cuentas de COSPA AGILMIC).

Noraboa!.