![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
INFORMACIÓN SOBRE OS VALES DE MATERIAL
Os vales de material escolar para o curso 2022-2023 estarán dispoñibles na secretaría do centro a partir do 1 de setembro.
Informamos de que, posto que os vales son nominais, a persoa que os veña recoller ha de ser a mesma que fixo a solicitude.
LISTAXE PROVISIONAL DE VALES DE MATERIAL
Informamos de que xa están dispoñibles as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para os vales de material escolar no taboleiro do vestíbulo do noso instituto.
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023
Poden acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022/2023 no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1oHPAx1YlVEfh6FBYbvzgSINrXPJ9XEto/view?usp=sharing
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023
Debido a que no IES As Barxas temos implantado o Proxecto E-Dixgal en todos os niveis da ESO, o alumnado non poderá solicitar o fondo solidario de libros de texto. Só se poderán pedir as axudas para o material escolar, sempre e cando se cumpran os requisitos que se especifican a continuación.
REQUISITOS |
· - Renda per cápita do ano 2020 igual ou inferior a 6.000 € |
PRAZO SOLICITUDES |
· . Do 19 de maio ao 22 de xuño, para todo o alumnado, agás para o alumnado que repita 4ºESO que ten un mes desde a matrícula. |
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros,
https://www.edu.xunta.es/fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información na Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (DOG do 18-05-2022)
CONVOCADAS AS AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023
Prazo de presentación de solicitudes dende o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022
Para máis información:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
ADAPTACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 (
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-260122-0001_es.pdf) pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23
A continuación presentamos o enlace ao documento coa información relativa ao proceso de admisión para o curso 2022/2023:
https://drive.google.com/file/d/1Q_akEicY98grDXcL894PyhQv7kucZZYw/view?usp=sharing
AVALIACIÓNS | |
Av INICIAL (ESO) | 20, 21 deOutubro |
1º | 15, 16, 17 decembro |
2º | 23, 24, 25 de marzo |
3º | 23, 24 de xuño |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer