Tres equipos de alumnos de 4º ESO do IES de Tomiño acadaron o segundo premio ex aecuo no V Concurso de Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Fundación Barrié.
A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Fundación Barrié, organizou na Coruña, do luns 25 de febreiro ao venres 1 de marzo, o V Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participaron preto de 1.000 alumnos e 58 profesores de 29 centros educativos de toda Galicia.
O IES de Tomiño participou neste V Concurso Galego de Robótica cun total de 48 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º bacharelato tutelados polos profesores de Tecnoloxía, acadando un resultado moi bo: 3 equipos de 4º ESO empataron no segundo posto da categoría de 4º ESO cos equipos do IES A Cachada de Boiro e IES Canido de Ferrol
En tan so unha hora, deseñaron varios programas de desafíos consistentes en probas de decisión: trazar rutas seguindo unha luz, detectar obstáculos, seguir ordes en función dos sons detectados, etc O interes mostrado por todos os participantes foi moi alto e a experiencia resultou moi satisfactoria para todos¡NORABOA ÓS GAÑADORES!
Aarón Vicente Pintos
4º A
Paula Vicente Coedo
4º A
Alicia Costa Carrera
4º A
Edna Lestón Filgueira
4º A
|
Óscar Martínez Rguez
4º A
Miguel A. Rey dos Anjos
4º A
Rubén Lomba Giráldez
4º B
Adán Otero Duarte
4º A
|
Javier Martínez Martínez
4º B
Diego Álvarez Sobrino
4º B
Beatriz Pereira Expósito
4º A
Sandra Cayetano Expósito
4º B
|
Links:
http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/ga%C3%B1adores-do-v-concurso-galego-de-rob%C3%B3tica
http://www.fundacionbarrie.org/en/sala-de-prensa/21-/539-v-concurso-galego-de-robotica-esta-semana-na-fundacion-barrie-na-coruna
http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=taxonomy/term/9
Prensa
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/02/28/cantera-futuros-asimov/697069.html
http://www.lavozdegalicia.es/video/coruna/2013/02/27/concurso-gallego-robotica-coruna/00311361962441747613245.htm
http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/como-hacer-que-un-robot-camine-al-reves/20130228001825113188.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/02/26/robots-partes/764252.html