XII XORNADAS TECNOLÓXICAS
Esta fin de semana vanse celebrar no IES A GUÍA de VIGO as XII XORNADAS DE TECNOLOXÍA.
Inaugurará ó acto o Sr Conselleiro de Cultura, Educación e O.Universitaria, D. Jesús Vázquez Abad, e contaremos coa presencia de D. Javier Méndez Zunzunegui , profesor do CPI dos Dices de Rois, coa conferencia:
Promovendo a investigación a través das competicións escolares científico- tecnolóxicas.
Méndez Zunzunegui xa é dabondo recoñecido polo seu labor na divulgación na área científico-tecnolóxica, titorando proxectos nos que os seus alumnos resultaron premiados, tanto a nivel autonómico Premio Siega 2005 co vídeo “A forza do vento” ou mesmo a nivel internacional YouTube Space Lab 2013 coa proposta “Surfactants in microgravity”.
Para máis información:
http://www.apetega.org/ XIIXornadas/xornadas.php