Skip to Content

Programa YAM no IES Antón Alonso Ríos

O noso IES foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para formar parte da rede galega de centros que desenvolverán o Programa de prevención do suicidio na mocidade 2023-23, cofinanciada pola Unión Europea.

O programa impleméntase a través de YAM (Youth Aware of Mental Health) que significa Xuventude Consciente da Saúde Mental. YAM é un conxunto de iniciativas escolares dirixidas á xuventude de 3ºESO nas que aprenden e debaten sobre a saúde mental baixo a dirección e supervisión de profesionais orientadores da Consellería de Educación e profesionais da saúde mental do SERGAS.

Para este curso 2023-24 o IES Antón Alonso Ríos será un centro de “control”, polo que o programa soamente consistirá na realización de enquisas por parte do alumnado. No curso 2024-25, e en adiante, o noso centro pasará a ser centro de “intervención”, o que implica a intervención directa nos grupos de 3ºESO por parte dos profesionais especializados no programa.

Ao longo do mes de xaneiro as familias e responsables do alumnado participante serán convocados a unha reunión informativa sobre o programa e se lles solicitará a autorización para que o alumnado poida participar no programa.

Para máis información sobre o programa poden consultar a páxina do programa YAM na seguinte ligazón: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM?idioma=es ou pódese descargar o folleto imformativo para as familias premendo na seguinte imaxe:

 

AdxuntoTamaño
YAM_PARA_NAIS_PAIS.pdf258.09 KB


blog | by Dr. Radut