Skip to Content

Blogues

Información sobre ordenadores E-dixgal

 

O alumnado de 1º a 4º da ESO conta co proxecto Edixgal. No seguinte enlace pódese descargar o Folleto informativo para as familias (curso 2024-2025) no que se explican todos aspectos relativos a este proxecto, dende boas prácticas e responsabilidade dos usuarios para o uso correcto do ordenador ata sobre o xeito de proceder en caso de avarías. Tamén se recolle a opción de facer un seguro opcional e da súa cobertura.

Recórdase ás familias que a responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos responsables do alumnado, que deben responder da perda o do seu mal uso. O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso ou cando haxa un cambio de centro, debendo entregar o equipo, o cargador, o maletín e o punteiro de ser o caso.

No centro, o coordinador E-Dixgal, o profesor Brais Álvarez, dará asistencia ao alumnado nos recreos dos xoves e ás familias nas súas horas de atención: os luns de 12:50 a 13:40 e os venres de 10:40 a 11:30. 

Ademais, o proxecto E-Dixgal conta cun equipo técnico de soporte específico (Soporte Premium) que canalizará todas as incidencias e co que se contactará en caso de avaría:

 

 

 

 

Calendario anual de probas de recuperación de materias pendentes: curso 2024-25

 

A continuación pódense consultar as datas previstas para a realización de probas de recuperación de materias e módulos pendentes para o curso 2024-25.

 

 

Criterios de recuperación das materias pendentes: curso 2024-25

CRITERIOS DE RECUPERACIÓN POR DEPARTAMENTOS

CURSO 2024-25

Nas seguintes ligazóns pódese acceder á información sobre os criterios de recuperación das diferentes materias/módulos pendentes dos distintos departamentos didácticos para o curso 2024-25. En cada documento descríbense tanto o profesorado responsable do seguimento de cada materia/módulo, os criterios específicos de recuperación e as datas de entregas de tarefas. O calendario específico para as datas de realización de probas nas distintas convocatorias será publicado con antelación no apartado Pendentes > Calendario.

 

DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS

 

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

 

DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

 

DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

 

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

 

DEPARTAMENTO DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

 

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

 

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

 

DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ

 

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA

 

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

 

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

 

DEPARTAMENTO DE XEOGRAGÍA E HISTORIA

Horario de atención ás familias do profesorado titor

 PROFESORADO TITOR. 2024-2025

 

 

1ºESO A

Santiago Buján Sesar

Matemáticas

Xoves, 12:00-12:50

1ºESO B

Iria Senra Álvarez

Artes plásticas

Martes, 12:00-12:50

1ºESO C

Laura Lago Fernández

Lingua Castelá

Luns, 12:50-13:40

1ºESO D

Carla Alonso Ozores

Ciencias Naturais

Venres, 12:50-13:40

1ºESO E

Patricia Fernández Santas

Xeografía e Historia

Luns, 12:00-12:50

2ºESO A

Jessica Piñeiro Di Blasi

Tecnoloxía

Mércores, 9:50-10:40

2ºESO B

Mª Emilia Álvarez González

Música

Martes, 9:00-9:50

2ºESO C

Pedro Costas Comesaña

Xeografía e Hª

Martes, 10:40-11:30

2ºESO D

Rocío González Álavarez

Física e Química

Luns, 12:00-12:50

2ºESO E

Javier Diéguez Pérez

Matemáticas

Mércores, 9:50-10:40

3ºESO A

Patricia Martínez Leyenda

Ciencias Naturais

Xoves, 10:40-11:30

3ºESO B

Jose Manuel Dopazo

L. Galega

Martes, 10:40-11:30

3ºESO C

Beatriz Franco Martínez

Inglés

Xoves, 12:00-12:50

3ºESO D

Alejandra Costa Méndez

Matemáticas

Mércores, 10:40-11:30

4ºESO A

Antón Orol Hermida

Xeografía e Hª

Martes, 12:00-12:50

4ºESO B

Nerea Vergara González

L.Castelá

Venres, 12:50-13:40

4ºESO C

Elena Pérez de Castro

Inglés

Mércores, 12:00-12:50

4º ESO D

Olaia Rivero González

Educación Física

Xoves, 10:40-11:30

1ºBACH. A

Laura Rubio Rendo

Lingua Galega

Venres, 09:50-10:40

1ºBACH. B

Ana Luna Castejón

Inglés

Martes. 09:50-10:40

2ºBACH. A

Adrián Castro Fernández

L.Castelá

Luns, 10:40-11:30

2ºBACH. B

Cruz Rivas Carrera

L. Galega 

Mércores, 12:00-12:50

1ºFPB. Agro

Mª Carmen del Río García

Forestais

Mércores, 12:00-12:50

2ºFPB. Agro

Uxío Mete Pérez

Forestais

Venres, 12:00-12:50

1ºFPB. Ele

Almudena Domínguez Rodríguez

Electrónica

Venres, 12:00-12:50

2ºFPB. Ele

Tania Gónzález Martíns

Electrónica

Luns, 16:30-17:20

1ºCM. Apro.

Carmen Burés Ces

Forestais

Luns, 10:40-11:30

2ºCM. Apro.

Perfecto Dávila González

Forestais

Mércores, 10:40-11:30

1ºCM. Telec.

Carmen Freiría Gándara

Electrónica

Martes, 12:50-13:40

 

Reunión de benvida para as familias. Luns 23 de setembro

O vindeiro luns 23 de setembro terán lugar as reunións coas familias e responsables do alumnado co profesorado titor. Nas reunións facilitarase información xeral sobre o funcionamento e a organización do centro e particularidades do nivel educativo no que se atopa o alumnado, ademais de ter a oportunidade de coñecer en persoa ao profesorado titor. As reunións terán lugar nas respectivas aulas de referencia, cómpre cerciorarse do grupo no que está a/o alumna/o, en calquera caso haberá persoal do centro na zona da entrada para indicar a ubicación das aulas.

Horario das reunións:

  • ESO-Bacharelato: 18:30
  • Graos Profesionais (Básico e Medio): 19:00

Bolsa xeral do Ministerio. Estudos postobrigatorios (2024-25)

Ábrese o prazo (do 9 ao 26 de setembro de 2024) para actualizar os datos da solicitude de bolsa xeral do Ministerio 2024/25. Para máis información premede na seguinte ligazón.

 

 

 

Calendario. Curso 2024-25

Este é o calendario para o curso 2024/25. Podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:


O centro obtén o distintivo "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación

 

"IES Antón Alonso Ríos: saudable e activo" é o proxecto polo que o noso centro obtivo a distinción "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. É un proxecto integral no que se aborda a saúde desde diferentes puntos de vista e cunha perspectiva interdisciplinar. No proxecto pódense distinguir catro ámbitos: por unha banda, a saúde e o deporte, co que se fomenta un estilo de vida activo a través de diferentes iniciativas que afectan tanto aos periodos dos recreos como ás actividades extraescolares e complementarias; por outra banda, destaca no ámbito da saúde, a ciencia e a nutrición, onde por medio de diferentes traballos e iniciativas foméntase a investigación e o desenvolvemento dunha nutrición equilibrada e saudable, un tema que ocupa un lugar importante no Concreso Científico anual do centro; así mesmo, destaca a saúde emocional e mental mediante o fomento da educación emocional do alumnado e onde destaca o proxecto que integra a toda a comunidade educativa denominado "Febreiro: mes das emocións"; por último, a prevención de condutas nocivas e de risco e a formación sobre a saúde sexual entre o alumnado coa colaboración de entidades e asociacións especializadas na intevención en adolescentes e familias.

Libros de texto: curso 2024-2025

Para acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso, preme no seguinte enlace:

Distribuir contido


by Dr. Radut