Skip to Content

Tecnoloxías

Día mundial do Medio ambiente

Competición de Robótica

 

 

Participa na III Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo que se celebra no Campus da EEI o día 28 de abril a partir das 10:30 horas.

A competición será puntuable para a Líga Nacional de Robótica de Competición (LNRC).

Os alumnos familiarizaranse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil.

Farase unha proba individual (Rastrexo) e outra proba colectiva (barrendero)

Para máis información preme aqui:

Linguaxe de Programación con Scratch

Con Scratch manéxase a Linguaxe de Programación JavaScript.

Con Scratch podes deseñar xogos. Para deseñalos, o programa vai dicir cal foi o resultado obtido, facendo uso das distintas variables que se combinan con operadores condicionais (por exemplo if/else).

Crea a túa conta en https://scratch.mit.edu/ e poderás programar historias interactivas, xogos e animacións, así como compartir os teus traballos coa comunidade Scratch.

Visita a web recomendada  http://www.tecnoloxia.org/codigooctopus/"

 

Scratch Overview from ScratchEd on Vimeo.

Tecnoloxía novas

 

GALPon convoca unha bolsa para rapazas estudantes en Galicia para asistir ao «Campus Tecnológico UGR para Chicas 2015» que organiza a Universidade de Granada.

 Para máis información:

https://www.galpon.org/content/bolsa-galpon-para-o-campus-tecnologico-ugr-para-chicas-2015

Hora do código

Un ano máis , o Departamento de Tecnoloxías do IES de Tomiño participa na "Hora do código" facendo actividades de Programación.

Podes ver os detalles no seguinte link:

http://hourofcode.com/es

Este é o vídeo de presentación: 

XIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

A maxia da Robótica

AQUÍ TEDES O CARTEL DA CONVOCATORIA  DO CONCURSO DESTE ANO

d3mobile

En http://d3mobile.es/?idioma=gl encontraredes información sobre a D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE 2014, un campionato científico de modelado 3D de precisión co teléfono móbil totalmente online, orientado a alumnos nacidos en 1996, 1997 e 1998, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e outras entidades públicas e privadas españolas.

Animádevos a participar!  Pasarédelo ben e poderedes gañar un ipad cada un. Tedes ata o 14 de febereiro para apuntarvos. O centro millor clasificado levará unha raqueta doada por Rafa Nadal e asinada por el.

Aquí tedes o cartel de D3MOBILE 

https://www.dropbox.com/s/e7r1eoocolf2tmg/D3mobileAnuncio2014.pdf

XII XORNADAS TECNOLÓXICAS

 

Esta fin de semana vanse celebrar no IES  A GUÍA de VIGO as XII XORNADAS DE TECNOLOXÍA.


Inaugurará ó acto o Sr Conselleiro de Cultura, Educación e O.Universitaria, D. Jesús Vázquez Abad, e contaremos coa presencia de D. Javier Méndez Zunzunegui , profesor do CPI dos Dices de Rois, coa conferencia:

Promovendo a investigación a través das competicións escolares científico- tecnolóxicas.

Méndez Zunzunegui xa é dabondo recoñecido polo seu labor na divulgación na área científico-tecnolóxica, titorando proxectos nos que os seus alumnos resultaron premiados, tanto a nivel autonómico Premio Siega 2005 co vídeo “A forza do vento” ou mesmo a nivel internacional YouTube Space Lab 2013 coa proposta “Surfactants in microgravity”.

Para máis información:
http://www.apetega.org/ XIIXornadas/xornadas.php

V curso galego de robótica

Tres equipos de alumnos de 4º ESO do IES de Tomiño acadaron o segundo premio  ex aecuo  no V Concurso de Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia en colaboración coa Fundación Barrié.

A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Fundación Barrié, organizou na Coruña, do luns 25 de febreiro ao venres 1 de marzo, o V Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participaron preto de 1.000 alumnos e 58 profesores de 29 centros educativos de toda Galicia. 

O IES de Tomiño participou neste V Concurso Galego de Robótica  cun total de 48 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º bacharelato tutelados polos profesores de Tecnoloxía, acadando un resultado moi bo: 3 equipos de 4º ESO empataron no segundo posto da categoría de 4º ESO cos equipos do IES A Cachada de Boiro e IES Canido de Ferrol

En tan so unha hora, deseñaron varios programas de desafíos consistentes en probas de decisión: trazar rutas seguindo unha luz, detectar obstáculos, seguir ordes en función dos sons detectados, etc O interes mostrado por todos os participantes foi moi alto e a experiencia resultou moi satisfactoria para todos¡NORABOA ÓS GAÑADORES! 

Aarón Vicente Pintos

4º A

Paula Vicente Coedo

4º A

Alicia Costa Carrera

4º A

Edna Lestón Filgueira

4º A

Óscar Martínez Rguez

4º A

Miguel A. Rey dos Anjos

4º A

Rubén Lomba Giráldez

4º B

Adán Otero Duarte

4º A

Javier Martínez Martínez

4º B

Diego Álvarez Sobrino

4º B

Beatriz Pereira Expósito

4º A

Sandra Cayetano Expósito

4º B

 

Links:

http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/ga%C3%B1adores-do-v-concurso-galego-de-rob%C3%B3tica

http://www.fundacionbarrie.org/en/sala-de-prensa/21-/539-v-concurso-galego-de-robotica-esta-semana-na-fundacion-barrie-na-coruna

http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=taxonomy/term/9

Prensa

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/02/28/cantera-futuros-asimov/697069.html

http://www.lavozdegalicia.es/video/coruna/2013/02/27/concurso-gallego-robotica-coruna/00311361962441747613245.htm

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/como-hacer-que-un-robot-camine-al-reves/20130228001825113188.html

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/02/26/robots-partes/764252.html

Distribuir contido


by Dr. Radut