Actividades curso 2017-2018

 
CANGURO MATEMÁTICO

O xoves 15 de marzo, un grupo de alumnos/as de 1º, 2º e 3º ESO participou no XXV concurso Canguro Matemático, organizado pola Asociación homónima.

Este ano, a proba celebrouse no noso centro, ao que acudiu tamén o alumnado participante do IES Santa Irene.

 

Algúns dos participantes de 1º ESO.

 
IMATXINA

                   O mércores 18 de abril, un grupo de alumnos/as de 1º ESO visitou os Obradoiros da  XIV Edición de Imatxina. Como cada ano, e xa van catorce, a Fundación Escola Rosalía coa colaboración de Agapema e,  este curso  de volta á AFUNDACIÓN, a obra social de ABANCA,   organiza unha serie de actividades entre as que se atopan estes obradoiros.

            O obxectivo é sacar as Matemáticas á rúa favorecendo, á súa vez,  a innovación educativa.

            Nos obradoiros, o alumnado e o profesorado experimenta novos xeitos de aprender e ensinar Matemáticas: xogan, crean, imaxinan…

 
OLIMPIADA 2º ESO

O xoves 26 de abril, un grupo de alumnos/as de 2º ESO participou na fase de zona da Olimpíada Matemática.

A proba tivo lugar no IES do Castro en Vigo.

Aquí tedes aos protagonistas: Tomás Louro, Lucía Álvarez, Iago Álvarez, Uxía López, Antía Fernández,

Yared Grimaldi, Diego Pérez, Roberto Rodríguez e Diego Barreiro.

Parabéns a tod@s pola vosa participación e, especialmente, a Diego Barreiro pola clasificación

acadada para a fase final que se celebrará o xoves 24 de maio en Lugo.

O xoves 24 de maio tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo a fase final da Olimpíada Matemática de 2º ESO.

Aquí podedes ver algunhas das actividades organizadas para os participantes:

 

Ás 12:00 comezou a proba no Círculo das Artes

na Praza Maior de Lugo.

Xa pola tarde os participantes realizaron unha proba por equipos

completando un circuito matemático nos arredores da Praza Maior.

 

 

Entrega de premios na Diputación Provincial de Lugo.

Aquí podedes ver a Diego Barreiro Delgado, mostrando o seu diploma de finalista, 

cos seus compañeir@s de 2º ESO A

que o arrouparon durante a preparación e celebración da proba.

Parabéns a tod@s os participantes e, especialmente aos tres clasificados que representarán a

nosa Comunidade en Valencia o 21 de xuño.

  

I TORNEO INTERCENTROS

DE XADREZ DE VIGO

O luns 21 de maio celebrouse no IES de Coruxo o I Torneo Intercentros de Xadrez de Vigo.

Participaron catro centros da nosa cidade: xunto co organizador e

o noso centro, estaban o IES de Beade e o IES da Guía.

Aquí podedes ver o grupo do IES Álvaro Cunqueiro co seu profesor Avelino Iglesias,

que acadaron o primeiro premio: Álvaro Tolan, Xoán Manuel Padrón, Xenxo González,

Santiago Rodríguez e Pablo Lamas.

 

Parabéns rapaces!!! 

 

 

MateMAXIA 

COS NOV@S COMPAÑEIR@S...

 

O venres 25 e o martes 29 de maio, un grupo de alumnos/as de 1º ESO B,

visitou os centros CEP Celso Emilio Ferrerio e o CEIP Escultor Acuña,

onde presentaron o seu traballo elaborado sobre MateMaxia:

Despois de traballar arreo durante os recreos e algún luns ao mediodía,

coa axuda da súa profesora Alejandra Pereira, elaboraron unha serie de actividades

  coas que presentaron, aos seus compañeir@s de 6º de primaria, as Matemáticas dende outro punto de vista. 

 

 

Bo traballo !!!