Skip to Content

Matemáticas

Departamento Matemáticas


  PROFESORADO

    • Alejandra Pereira 
    • Antón Fente 
    • Carmen García
    • Eduardo Lorenzo
    • Eva Castro
    • Iria Pérez 
    • María José Paradela
    • Natalia Carnero 
    • Rosalía Rodríguez 
    • Suso Conde

CinVigo 2023

Esta pasada fin de semana o alumnado do club de ciencias de 3º e 4º da ESO participou xunto co alumnado do IES Alexande Bóveda na primeira edición de CinVigo, unha feira de ciencia na rúa organizada polo centro de investigación CinBio.

Aínda que a primeira hora do sábado o tempo non parecía acompañar moito, finalmente a xornada foi todo un éxito e o alumnado desfrutou transmitindo o aprendido e traballado no proxecto do parque da Bouza.

Agardamos xa pola próxima edición!

Máis imaxes na galería.

Rally sen fronteiras 2023

Este ano dous grupos de 2º de ESO e un grupo de 4º de ESO animáronse a participar no Rally sen fronteiras, un concurso de matemáticas por grupos para toda a ESO. Penso que pasamos unha boa tarde no centro, traballando nas probas de matemáticas cos compañeiros e compañeiras. Grazas por animarvos a participar!

Ademais, o grupo de 2º ESO D clasificouse para a fase galega en Santiago! Pasaron alí un bo día co profesorado de matemáticas, coñeceron a facultade de Química, viron algúns experimentos, deron unha volta pola cidade.

Deixámosvos as fotos na galería.

Concurso Canguro Matemático 2023

O pasado Xoves 16 de marzo 40 alumnos e alumnas do IES ÁLVARO CUNQUEIRO, participaron no concurso Canguro matemático.

Este concurso pretende potenciar o gusto polas matemáticas, como paso previo para fomentar os estudos nestas asignaturas.

Olimpíada matemática de bacharelato

O alumnado de 1º de bacharelato achegouse a Santiago para participar na Olimpíada Matemática Galega. Aproveitaron para coñecer a facultade de Matemáticas e pasar un bo día!

 

 

 

Matemáticas na raia 2022

O pasado 21 de abril, o grupo de 3º ESO A do IES Álvaro Cunqueiro participou no concurso de Matemáticas na Raia organizado pola AGAPEMA.

Ademais comer no centro e pasar unha bo rato (polo menos antes da proba)... foron o grupo gañador! Parabens! 

Olimpíada matemática 2º ESO 2022

Este ano a cita foi o xoves 21 de abril, no IES Castelao en Vigo. Aquí tedes aos protagonistas:

Antón Ameijeiras, Luciana Andrade, Sabela Araújo, Alicia Carvajal, Nara Ferreira,Maruxa González, Paula Martín, Adrián Mansilla, David Mansilla, Celia Meniño, David Sánchez e Anxo Vega.

Parabéns a tod@s pola vosa participación.

Moita sorte a Alicia Carvajal, clasificada para a final galega que se celebrará o 26 de maio en Lugo.

Parabéns!! 

 

Concurso fotografía matemática

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA DE NADAL

 Pon en xogo a tua creatividade e imaxinación

para apreciar e plasmar os múltiples aspectos

Olimpíada matemática 2º ESO 2021

Aquí tedes ás finalistas da Olimpíada, Alba e Gadea, acompañadas pola súa profesora Beatriz Agulla, despois de realizar a proba.

Tivo lugar o xoves 20 de maio no Círculo das Artes de Lugo. Parabéns polo seu bo traballo!!

Agradecer desde aquí, o traballo feito pola organización e, as familias pola súa inestimable axuda.

Despois dun parón debido á situación sanitaria que estamos a vivir, este curso volveu a Oimpíada Matemática de 2º ESO.

A fase local foi o xoves 29 de abril, no IES Castelao en Vigo. As protagonistas este ano foron:

Noa CostasAlba GarcíaGadea López e Comba Villaverde. Parabéns a todas pola vosa participación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut