Skip to Content

blogue deDirección

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/2024

O alumnado dos centros NON ADSCRITOS deberán formalizar a súa solicitude do 1 ao 20 de marzo seguindo algunha destas opcións:

1. Telematicamente na Sede electrónica da Xunta.

2. Telematicamente na aplicación Admisión de alumnado da Consellería de Educación seguindo o método 1 da aplicación (Neste caso hai que presentar tamén a solicitude e a documentación na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar).

3. Na Secretaría do Centro que solicita en primeiro lugar ou en calquera dos Rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común. 

 

DOCUMENTOS NECESARIOS PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN 

·  Fotocopia da solicitude de admisión unha vez cuberta. 

·  Fotocopia do DNI do alumno/a ou certificado de nacemento. 

·  Fotocopia completa do libro ou libros de familia. 

·  Certificado de matrícula do curso actual. 

·  Sentencia xudicial de separación ou divorcio e o convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. 

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

  OFERTADAS VACANTES
1º ESO 90 56
2º ESO 90 22
3º ESO 90 25
4º ESO 90 52
1º BAC Ciencias e Tecnoloxía 33 8
1º BAC Humanidades e CCSS 66 22
2º BAC Ciencias e Tecnoloxía 33 17
2º BAC Humanidades e CCSS 66 18

 

 

 

 

 

Fase Intercomarcal de Campo a Través XOGADE

O 15 de febreiro celebrouse a Fase Intercomarcal de Campo a Través XOGADE que contou coa participación dos nosos alumnos de 1º ESO LUCIA RAMOS POSE e FABIAN PAZ TRILLO na categoría infantil feminina e masculina tras obter a clasificación na Fase Comarcal da Costa da Morte.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut