Skip to Content

blogue deDirección

A CANDELORIA

O xoves pasado, 2 de Febreiro, realizáronse unha serie de actividades para celebrar A Candeloria e o Día do namoramento dos paxaros. O grupo de Dinamización lingüística, en colaboración cos equipos de Biblioteca e do Club de lectura, organizou a decoración do centro cunha serie de paxaros de papel que incluían mensaxes relacionadas co amor.

        

 

"Crêpes" no día da Candeloria

A profesora do Dep. de Francés Aránzazu Caamaño celebrou o Día da Candeloria tal como manda a tradición en Francia, preparando uns crêpes xunto ao seu alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato que despois degustaron.

Bon Appetit.

     

Campo a través

O 25 de xaneiro un grupo de 18 alumnos e alumnas de 1º ESO participou na proba local de Deporte escolar de xogade no circuito de San Paio do Refoxo en Cee onde foron acompañados polos profesores do Dep. de Educación Física Hipólito Santabaya e Chano Sanmartín.

Parabéns para todos, especialmente para Lucía Ramos Pose e Fabián Paz Trillo que se clasificaron en categoría infantil para a Fase Intercomarcal de Campo a Través XOGADE,  que se celebrará en Noia o vindeiro 15 de Febreiro.

 

Obradoiro "Violencia de xénero no novo contexto dixital"

O alumnado de 3º de ESO asistiu o 19 de xaneiro a o Obradoiro "Violencia de xénero no novo contexto dixital" impartido por unha técnica do equipo de formación en Igualdade e Convivencia de PantallasAmigas dentro das actividades promovidas polo Plan proxecta + Por 365 días de respecto e igualdade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut