Skip to Content

blogue deDirección

Teatro en francés

O  mércores 18 un grupo de 61 alumnos/as de Francés de varios cursos asistiu á obra de teatro Le chef na Coruña, onde foron acompañados polas profesoras do Dep. de francés Aránzazu Caamaño e Mila Trillo.

 

 

Campionato multideporte

Celebrouse un Campionato Multideporte Inclusivo con equipos mistos na última xornada lectiva do ano 2023 no Agra de Raices.

Participaron moitos equipos de todos os niveis e incluso algún do profesorado, nunha xornada na que reinou o bo ambiente e a diversión.

Aquí podedes ver os equipos que resultaron campións en baloncesto, volei e futbol.

   

Obradoiro sobre Prevención de condutas infractoras

O alumnado de 4º ESO A e B participou nuns Obradoiros sobre Prevención de condutas infractoras que tiveron lugar no noso Centro o día 19 de decembro e que foron impartidos por un técnico da Asociación Arela dentro do Programa Ktorce18.

ANUNCIO ALERTA LARANXA 17-01-2023

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
4. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso.
5. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006

APERTURA DO PERÍODO DE RESERVA DE PRAZAS PARA OS CENTROS ADSCRITOS

Dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro estará aberto o período de reserva de prazas para os centros adscritos ao IES Agra de Raíces.

Os trámites poderán realizarse a través da páxina web da consellería na aplicación de xestión de solicitudes ou persoalmente na Administración do Centro.

 

PECHE DO CENTRO POR VACACIÓNS DE NADAL

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado desde o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, ambos incluídos, debido ás vacacións de Nadal. As clases darán comezo o vindeiro 09 de xaneiro.

Durante o período vacacional, atenderanse unicamente urxencias a través do correo electónico do centro: ies.agra.raíces@edu.xunta.gal

Aproveitamos a ocasión para desexar un Feliz Nadal a toda a comunidade educativa do IES Agra de Raíces.

CALENDARIO MATERIAS PENDENTES 1ª AVALIACIÓN

CALENDARIO DE EXAMES DA 1ª AVALIACIÓN DE PENDENTES CURSO 2022-23

SEMANA DO 16-20 de XANEIRO 2023

No arquivo adxunto podedes consultar as datas en lugares onde se van celebrar os exames da primeira avaliación de materias pendentes. Recordade que tamén os tedes dispoñibles nas vosas aulas.

 

 

 

Golpes no IES Agra de Raíces

O martes 13 o alumnado de 1º de Bacharelato e de 1º de TCAE asistiu á obra de teatro "Golpes" promovida polo Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade no Salón de Actos do noso centro.

Nun mundo onde as mulleres son golpeadas continuamente pola presión social. A compañía aAntena saca o mellor do talento de Estíbaliz Veiga para poñer en escena un relato cru , mais directo polo cotiá das accións de como unha moza vai cedendo ata irse atopando fóra da súa personalidade.

  

A nosa alumna Lúa Iglesias gaña a XIX edición do concurso de poesía ANOMAR

A nosa alumna Lúa Iglesias de 1º de Bacharelato, resultou ser a gañadora da XIX edición do concurso de poesía ANOMAR que cada ano organiza a Asociación Recreativa e Cultural dos Tilos.

Parabéns Lúa e velaquí tendes o seu poema para que o poidades desfrutar.

Xúrovos que está dentro de min.
É ela, estou segura de que é ela
a que se unirá a min con lazos de sangue
dende a vida ata a morte,
preseguíndome sempre.

É o meu punto de partida nos finais sen rematar.

Dende que teña á Lúa desfacéndoseme nos dedos
ata que todo o seu peso se asente na miña pel,
maltratándoa e deixando cicatrices sobre ela.

Dende que os meus pulmóns collan milleiros de folgos de xasmín
ata que se fagan tan diminutos que o aire non me chegue,
pedindo auxilio
deixándome aterrorizada.

Ámoa, ámoa tanto...

Tanto que me fago invisible
a cada segundo que intenta xogar ás agochadas,
loitando cos seus monstros
e se fai responsable de todas as miñas extremidades,
de cada exhalación que pola miña boca sae.

Tanto que somos imparables.

Tan inseparables que nos vemos moi de vez en cando.
Tanto que choro cando sae do meu corpo
e volvo a ser dona de min mesma.
Tanto que me asusta cando aparece.
Tanto que me paraliza cando marcha.
Tanto que me treme a alma.
Tanto que me move.
Tanto que me pode.
Tanto que me fala.
Tanto que me toca.
Tanto.

 

Obradoiros pola igualdade para o alumnado de 3º ESO

O luns 28 de novembro o alumnado de 3º de ESO participOU nos obradoiros Men can do it e As mozas son guerreiras impartidos pola asociación Aventeira dentro do programa Lentes Violetas e promovidos polo Contrato Programa Iguala-t.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut