Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Aberto o prazo para a solicitude de préstamo de libros e axudas para a compra de material (1º, 2º, 3º e 4º ESO).

 

Convocatoria

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de Xuño, e presentarase por vía electrónica.

 

***Non se recollerá ningunha solicitude entregada fora de prazo.

Ciencia na rúa

08/05/2021
Atlantic/Bermuda

O pasado sábado 8 de maio o IES Agra do Orzán participou no Teatro Colón, xunto con outros 16 centros, no XXV Día da Ciencia: da Rúa ao Teatro. As/Os nosas/os pequenas/os científicas/os do Club de Ciencias levaron as seguintes experiencias: “Medidor de CO2”, “Gymkana Florence Nightingale”, “Obtención de Bioplásticos Empregando Fécula de Millo”, e “Esferificacións”; xunto coas profesoras coordinadoras destes proxectos Mª José Martínez Rey, Mª Ángel Martínez Rodríguez, Begoña Torreiro Anta e Ana Luz Vázquez Fernández. Felicitacións a todas/os elas/es polo ben que o fixeron.

 

 

Publicación Listaxes ADMISION

O 19/04/2021 publicáronse, as listaxes provisionais de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2021-2022.

As listaxes poderán consultarse:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar do centro IES Agra do Orzán
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (20-26 de abril), no centro IES Agra do Orzán.

A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, que serán publicadas antes do 15 de maio de 2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut