Skip to Content

Finalistas de la Gymkana Florence Nightingale

O equipo de estatística do IES Agra do Orzán de 3º e 4° da ESO, que participa na “Gimkana Florence Nightingale: el misterio de los datos”, un concurso a nivel nacional no que participan máis de 160 equipos, que organiza a Universidad Carlos III de Madrid, clasificouse como finalista na categoría de 3º e 4º de ESO

O concurso consiste na visualización e interpretación de datos relacionados coa pandemia da Covid-19.

A primeira proba consistía na realización dun vídeo no que se tiña que utilizar o diagrama da rosa ou diagrama polar, así como xustificar os datos empregados. Nesta fase o vídeo presentado ten por título “Incidencia de casos Covid-19, acumulados cada 14 días por 100 000 habitantes en España y Portugal”.

O enlace a páxina web onde poden verse os vídeos finalistas é: https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Secundaria/es/TextoDosColumnas/1371307139222/

O próximo 9 de abril terá lugar a fase final, cun novo reto a realizar durante tres horas e que terán que defender publicamente nun evento virtual.



page | by Dr. Radut