A norma que regula o proceso de preinscrición, admisión e matrícula é a Resolución do 16 de maio de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
Para acceder a estas ensinanzas será imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos. Poderán acceder aquelas persoas que teñan catorce anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro de 2024, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira.
Información IMPORTANTE ao alumnado:
• A posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique.
• As datas de realización das probas finais poderán ter lugar en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matrícula. Igualmente, na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.
PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA DE PRAZAS VACANTES
DO 2 AO 20 DE SETEMBRO
Mentres queden vacantes realizarase a matrícula directamente a través do enlace de matrícula.
O pago das taxas e a presentación da documentación tamén se realizará a través de internet, no mesmo enlace de matrícula dentro do prazo establecido.
- Oferta educativa desta escola para o curso 2024/25.
- Documentación a entregar. (entregarase na aplicación de matrícula)
- Acceso directo a cursos superiores ao primeiro de nivel básico.
No curso 2024/25 ofertamos os seguintes cursos de competencias orais:
Sección de Burela:
EOI de Viveiro Luz Pozo Garza:
Prazo de matrícula: do 2 ao 20 de setembro
Podes consultar o resultado das probas de clasificación de ITALIANO no seguinte enlace.
Podes consultar o resultado das probas de clasificación de INGLÉS no seguinte enlace.
Podes consultar o resultado das probas de clasificación de FRANCÉS no seguinte enlace.
O prazo para formalizar a matrícula no curso correspondente remata o 20 de setembro. Un pouco máis abaixo tes toda a información e o enlace de matrícula.
As presentacións DE TODOS OS IDIOMAS realizaranse o día que se indica a continuación, no horario no que se impartirá o grupo, nos seguintes días:
Nivel Avanzado C2: Mércores 11 de setembro. A presentación do nivel C2 semipresencial de inglés será ás 19.00 horas.
Nivel Avanzado C1.2 + cursos por competencias nivel C1: Xoves 12 de setembro.
Nivel Avanzado C1.1: Luns 16 de setembro.
Nivel intermedio B2.2 (B2 en alemán) + cursos por competencias nivel B2: Martes 17 de setembro.
Nivel intermedio B2.1: Mércores 18 de setembro.
Nivel intermedio B1 (B1.1 en alemán): Xoves 19 de setembro.
Nivel básico A2 + A1/A2 de italiano: Luns 23 de setembro.
Nivel básico A1: Martes 24 de setembro.
Para entrar en CentrosNet debes pulsar nunha das imaxes que están na parte superior dereita desta páxina; Viveiro ou Burela dependendo de cada caso.
Se entras por primeira vez segue estas instrucións. Se xa entraches pero tes dúbidas de como cubrir cada campo na pantalla de acceso, repasa o punto 4 das anteriores instrucións.
Se xa entraches en CentrosNet e creaches o teu contrasinal persoal pero non o recordas, segue estas instrucións.
Se non estás seguro de se creaches o teu contrasinal persoal ou non coñeces algún dos campos a cubrir na páxina de acceso, ponte en contacto por teléfono (982551745) ou presencialmente coa secretaría da escola.
No campo USUARIO, se non sabes o teu número de expediente (ten cinco díxitos), podes substituílo pola túa DATA DE NACEMENTO co formato: DD/MM/AAAA.
Publicada a Instrución 2/2024 que regula a matrícula na ensinanza a distancia de inglés mediante o programa That's English! para o curso 2024/25.
Prazo de matrícula: Do 2 de setembro ao 31 de outubro.