Probas de certificación. Réxime oficial. Curso 2023/24

Instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2023/24.

O alumnado do programa CUALE disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

Nos anexos VI e VII podes consultar as datas da convocatoria ordinaria e da convocatoria extraordinaria da parte escrita dos niveis B2, C1 e C2. Máis adiante a escola publicará nesta páxina as datas da parte escrita e da parte oral de todos os niveis dos idiomas que se imparten na EOI de Viveiro Luz Pozo Garza.

 Máis información sobre as probas de certificación...

Renuncia á matrícula. Curso 2023/24

Podes solicitar a renuncia á túa matrícula no presente curso, ata o 30 de abril, cubrindo o seguinte impreso, que podes enviar ao correo electrónico eoi.viveiro@edu.xunta.gal , ou entregalo presencialmente na secretaría da escola en Celeiro.

Podes renunciar unha vez en cada nivel, para que ese ano non conte no número máximo de covocatorias ás que te podes presentar por ciclo. A renuncia nunca suporá a devolución, nin total nin parcial, do importe da matrícula.

Bolsas de estudos "Becas". Curso 2024/25

O prazo de presentación de solicitudes de bolsas de estudios para o próximo curso xa está aberto, e remata o 10 de maio ás 15:00 horas. A solicitude preséntase a través de páxina web do Ministerio de educación.

Máis información...

Distribuir contido