Skip to Content

MAIO, MAIO...

 No mes de maio, no mes das flores, ven o maio pola calle de abaixo... Para conmemorar esta festa tradicional de Viveiro quixemos elaborar un pequeno vídeo lembrando moitos momentos vividos no cole nesta celebración da primavera. Adxuntamos o texto da canción dos Maios para que podades aprendela ou para recordala coa vosa familia.

 

Nesta ocasión convidámosvos a que fagades unha composición artística dos Maios, compoñer/construir flores colocando material de refugallo e/ou utensilios que teñades na casa, é dicir,  unha obra de arte efímera que non durará no tempo só a imaxe da mesma cando lle quitedes unha foto. A imaxe desta composición floral, flores ou flor poderedes enviala ao 646148944 ou ao correo familiassanroque@gmail.com. Tedes de prazo ata o venres 29 de maio, este incluído. 

 Animádevos a participar e a amosar a vosa creatividade.

AdxuntoTamaño
Díptico.pdf227.45 KB


page | by Dr. Radut